En Marea esixe á Xunta que evite a gravísima ameaza para o emprego do peche do Grupo Calvo en Esteiro
O deputado de En Marea no Parlamento de Galicia, Manuel Lago, preguntou na sesión plenaria á conselleira do Mar, Rosa Quintana, que medidas está a impulsar para evitar o peche da fábrica do Grupo Calvo en Esteiro que supón “unha gravísima ameaza sobre o emprego e a economía de toda a comarca que vai máis alá do problema laboral”. Lago salientou na súa intervención que non se trata dun traslado de persoal, senón “un peche da empresa con graves consecuencias sobre as empregadas directas de Conservas Esteiro pero tamén para o emprego indirecto que xera na súa contorna”. Rosa Quintana respondeu ás preguntas de En Marea en lugar de quen estaba previso, o conselleiro de Industria que ten responsabilidades na area.
Calvo Esteiro é a principal fábrica na zona e o seu peche repercutiría moi negativamente na economía dun territorio xa deprimido industrialmente. Non hai ningunha razón para pechar a empresa, que pertence ao Grupo Calvo, unha das maiores empresas conserveiras de Europa, que factura case 600 millóns de euros e gañou o ano pasado máis de 51 millóns de euros. A empresa en Esteiro precisa un investimento de pouco máis dun millón de euros para se modernizar. Os beneficios de cada ano do grupo, como destacou Manuel Lago, multiplican por cincuenta veces a inversión necesaria para garantir o seu futuro.
“A Xunta de Galicia non pode ser cómplice desta decisión” advertiu Lago. “En primeiro lugar porque a súa obriga é defender o emprego e a actividade económica nunha zona desindustrializada. En segundo lugar, porque o Grupo Calvo é receptor de axudas multimillonarias outorgadas pola Xunta” explicou.
Para o grupo de En Marea Noia, Serra de Outes, Muros e Carnota non poden permitir o peche da única empresa de todo este territorio que ten máis de 100 empregos, a empresa industrial máis significativa que leva 30 anos xerando emprego e riqueza.
“Defendemos o emprego, a industria, a empresa, a economía da zona; defendemos a continuidade de Conservas Esteiro e demandamos da Xunta de Galicia que actúe directamente sobre o Grupo Calvo para que faga os investimentos necesarios para mantela aberta” concluíu o deputado de En Marea.

Gabinete de Comunicación de En Marea