Os 24 grupos de desenvolvemento rural de Galicia avalían o grao de execución da medida Leader na nosa comunidade
O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse cos xerentes dos 24 grupos de desenvolvemento rural (GDR) de Galicia, para avaliar e impulsar a aplicación da medida Leader na nosa comunidade autónoma. A xuntanza serviu para poñer de manifesto a boa sintonía existente entre a Xunta e estas entidades e para confirmar a aposta da Consellería do Medio Rural por darlle continuidade aos GDR como xestores desta medida cara o futuro.
Ademais, o conselleiro ofreceu aos grupos a posibilidade de participar e incorporar a súa experiencia e coñecementos en novos proxectos, como o das aldeas modelo ou o dos polígonos agrarios, co fin de fomentar a dinamización e a creación de riqueza e emprego no medio rural. José González trasladou tamén ás xerencias dos GDR a importancia de afondar no impulso á comercialización das pequenas producións tradicionais, sendo o Leader unha ferramenta moi útil para acadar ese obxectivo.
Por outra banda, neste encontro de traballo, celebrado no Pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón) e ao que tamén asistiu o director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, valorouse o elevado grao de execución desta medida. O Leader ten un orzamento de 84 millóns de euros dentro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e actualmente arredor do 85% dos seus fondos están xa comprometidos.
Estes recursos, xestionados por cada un dos GDR no seu respectivo ámbito xeográfico, serven para dinamizar o territorio e impulsar un desenvolvemento harmónico do noso agro cun enfoque “de abaixo a arriba”, dando así un papel protagonista aos axentes públicos e privados asentados sobre o terreo. Por último, nesta reunión acordouse celebrar un novo encontro no vindeiro mes de decembro, que estará centrado na explicación e análise da futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria de Galicia.

Grupos de desenvolvemento rural (GDR)