O experimento LHCb, no que participa a USC, cuestiona o Modelo Estándar de física de partículas
No Modelo Estándar de física de partículas, a relación debería ser moi próxima a un. A medición realizada pola colaboración LHCb compara dous tipos de desintegracións de quarks “b” (beauty). A primeira desintegración involucra ao electrón e a segunda ao muón, outra partícula elemental similar ao electrón, pero aproximadamente 200 veces máis pesada. O electrón e o muón, xunto cunha terceira partícula chamada tau, son tipos de leptóns e a diferenza entre eles coñécese como "sabores". Os resultados que acaban de ver a luz, de confirmarse, implicarían un novo proceso físico, como a existencia de novas partículas ou interaccións fundamentais. Ademais, os novos achados, presentados na conferencia Moriond sobre interaccións electrofebles e teorías unificadas, así como nun seminario celebrado en liña no CERN, a Organización Europea para a Investigación Nuclear, determinan a relación entre as probabilidades de desintegración con maior precisión que as medicións anteriores e utilizan todos os datos recompilados polo detector LHCb ata o de agora, por primeira vez.
Asemade, no marco da conferencia, tamén se presentaron novas medicións dunhas desintegracións raras de mesóns “b” que contan cunha participación importante de Paula Álvarez, investigadora da Universidade de Cambridge, quen fixo a súa tese no IGFAE e que agora coordina o grupo de Rare Decays (Desintegracións raras) do LHCb. A análise destas desintegracións é un vello coñecido do IGFAE, no que anteriormente estiveron moi involucrados os investigadores Diego Martínez Santos, Xabier Cid Vidal e Jose Ángel Hernando Morata e, actualmente, Titus Mombacher.

Universidade de Santiago de Compostela