Notas
-
O equipo de aeromodelismo da UVigo, Aerotech, xa ten rematado o deseño das súas novas aeronaves, Lign-0 e Mobula-0, coas que participarán en xullo en Valencia na competición española universitaria de aeromodelismo XtraChallenge 2023. 28 estudantes da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e da Escola Superior de Enxeñaría Informática do campus de Ourense participan neste reto que complementa a súa formación levándoos a afrontar na realidade o deseño, fabricación e voo de aeronaves.
-
Xa está todo listo para a celebración en Vigo da segunda edición do encontro The Thinking Institute, unha xuntanza que busca consolidarse como encontro internacional anual para especialistas do eido da nanociencia. Nesta ocasión participarán como relatores 12 expertas e expertos chegados de diferentes lugares do mundo (Michigan, Illinois, Trieste, Amberes, Lausanne …), a inmensa maioría dos cales xa participaron na primeira edición do encontro, celebrada en xullo do 2022.
-
O estudo das modificacións químicas dos ARNs, presentes en todos os organismos, é esencial para avanzar no coñecemento das enfermidades asociadas ao envellecemento como é o caso da síndrome metabólica, problemas cardiovasculares ou a deterioración neuro-cognitiva, entre outras.
-
Desde hai máis de dúas décadas en España, como no resto de Europa, explican as profesoras e investigadoras do campus de Ourense Raquel Rial e Beatriz Cancho, as cifras da obesidade supoñen un serio problema e reto de saúde pública “especialmente grave” na poboación infantil (onde afecta a 4 de cada 10 nenos e nenas) e na poboación adolescente (afecta a 3 de cada 10).
-
A Facultade de Dereito do campus de Ourense acollerá os días 15 e 16 de xuño un seminario internacional centrado no mantemento e recuperación do emprego no que se dedicará especial atención aos colectivos de atención prioritaria neste eido por razón de xénero, idade ou diversidade funcional.
-
O Instituto Nacional de Estatística (INE) concedeu ao Centro de Investigación en TIC (CITIC) da Universidade da Coruña unha axuda de case 650.000 euros para a realización dun proxecto de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica co obxecto de mellorar a función estatística oficial. A convocatoria establece 13 liñas de traballo das que 7 serán abordadas polo equipo de investigación do CITIC da UDC.
-
Un ano máis o persoal investigador da Universidade de Vigo volve unirse á celebración do Pint of Science, o festival de divulgación científica que aposta por levar a ciencia e o coñecemento aos bares para achegalo á cidadanía. Ao longo de tres días, entre o 22 e o 24 deste mes, seis científicos e científicas da UVigo ofrecerán relatorios e obradoiros no bar Cañaveral arredor de temáticas diversas.
-
O programa Inspira STEAM para o fomento das vocacións científicas e tecnolóxicas impulsado pola Universidade de Vigo e a Deputación de Pontevedra segue sumando éxitos. Este venres clausurouse a súa quinta edición, a máis numerosa ata o momento, que chegou durante o curso 2022/2023 a 632 estudantes de primaria e ESO de 14 centros da provincia de Pontevedra e contou coa participación de 46 mentoras e mentores.
-
A Feira Virtual de Emprego da USC botou a andar este mércores 10 de maio para fomentar a empregabilidade do estudantado e das persoas egresadas da institución compostelá. A través deste foro virtual que se estende ata o xoves 11 con preto dun milleiro de inscricións, as persoas usuarias poden acceder a empresas con ofertas de traballo, charlas de interese en materia de empregabilidade e chats para aclarar dúbidas.
-
A protonterapia é unha tecnoloxía que nos últimos anos está a experimentar un importante desenvolvemento e ofrece grandes esperanzas no tratamento do cancro. Esta terapia radiolóxica emprega protóns en vez de fotóns, o que diminúe o dano que a radiación pode causar nos tecidos sans que circundan os tumores.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- …
- seguinte ›
- última »