En Marea esíxelle á Xunta que garanta o mantemento de 400 postos de traballo do Banco Popular que perigan trala compra do Santander
En Marea vén de rexistrar no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei e máis unha pregunta dirixida ao goberno galego de cara a manter os postos de Traballo do Banco Popular-Pastor en Galicia. “Esta decisión do Banco Santander, supón unha terrible noticia para o emprego en Galicia e anticipa o que pode pasar coa rede comercial do Banco Popular Pastor no país, a pesar dos supostos compromisos de mantemento da marca, estamos ante a liquidación definitiva do traballo que o Banco Popular Pastor mantiña en Galicia”, denuncia o promotor da inicitiva, o deputado Manuel Lago Peñas.
Para En Marea a rede comercial será a seguinte que sufra os axustes de emprego, que o Santander irá realizando de forma que non lle afecte á marca nin conleve perda de clientes. “A Xunta anunciou no seu día a intención de negociar co Banco Santander o mantemento da marca e do emprego, pero unha vez mais este goberno está deixando orfos aos traballadores e amósase incapaz de realizar ningún tipo de acción que permita a permanencia dos empregos en Galicia”.
O parlamentario de En Marea esixe unha actuación inmediata por parte da Xunta deixando de comportarse “como un mero espectador da liquidación do banco e o seu emprego como fixo outra veces, e instando ao Goberno galego a liderar a negociación co Santander para manter o nivel de emprego na nosa comunidade”.

Gabinete de Comunicación de En Marea