450 empresas seguiron as Xornadas Tecnolóxicas R, centradas na Intelixencia Artificial
A Intelixencia Artificial xa non é só un asunto estratéxico de países ou de grandes compañías, senón que está xa ao alcance de case todas as empresas. Coa IA, o dato e a súa enxeñaría posterior fan que as decisións empresariais melloren a experiencia de cliente e, en definitiva, gañen en eficacia, aforro de custos e competitividade. Esta é unha das conclusións extraídas das Xornadas Tecnolóxicas R 2020 que celebraron onte e ás que asistiron representantes de 450 empresas de todo o Estado.
Trátase dun dos eventos anuais de referencia no sector TIC, no que se intercambian experiencias de éxito e se expoñen de forma práctica e próxima os retos das empresas na nova era dixital.
Esta edición celebrouse online, nun ‘edificio virtual’ para respectar as medidas de distanciamento social impostas pola pandemia da COVID-19.
Dirixida ás empresas interesadas en iniciar, ou que xa iniciaran, un proceso de dixitalización, baixo o lema “Data Driven Company, benvido ao futuro dixital” abordáronse cuestións referidas á xestión do dato como panca clave para o crecemento e competitividade das empresas.
Nuria Oliver, enxeñeira de Telecomunicación, doutora polo Media Lab do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), investigadora, divulgadora científico-tecnolóxica e recoñecida experta en Intelixencia Artificial e Big Data, foi a encargada de abrir a xornada nunha plataforma Teams de fácil acceso e cun deseño atractivo que lembraba un auditorio real. A conferenciante partiu da visión sobre o mundo en que vivimos e a influencia que ten na nosa sociedade e nas nosas vidas a Intelixencia Artificial.
A IA, corazón da 4ª Revolución Industrial
Nun contexto no que conviven a polarización da riqueza, os desastres naturais en ascenso, o esgotamento dos recursos, o consumismo e, agora, unha pandemia, Oliver asegurou que se plantea un escenario cheo de oportunidades, marcado pola tecnoloxía móbil, a conectividade e pola circulación dunha cantidade inxente e diversa de datos. Para facer fiables e comprensibles eses datos, hai que analizalos e para iso é necesaria a Intelixencia Artificial.
Na súa opinión, a IA está no corazón da 4ª Revolución Industrial na que estamos inmersos. “A Intelixencia Artificial xoga o mesmo papel que xogou a electricidade na 2ª revolución Industrial, porque se trata dunha disciplina transversal, que se pode aplicar en calquera ámbito, a calquera sector da economía. É invisible, porque é software, é escalable e ampliable segundo as necesidades e actualizable porque está en constante aprendizaxe”.
Na descrición da situación actual a nivel tecnolóxico, asegurou que “nos últimos 15 anos se conxuntaron tres factores que levaron á democratización de ferramentas como a IA. Estes factores son o Big Data ou a dispoñibilidade de gran cantidade de datos e que deu lugar á economía dos datos (739 billóns de euros xerados en 2020 en Europa); a capacidade de computación dos procesadores aumenta cada ano e están dispoñibles a prezos razoables ou a baixo custo, e, por último, o desenvolvemento de modelos de aprendizaxe, que permiten analizar os datos con resultados superiores aos humanos”.
Aterrou esta democratización da Intelixencia Artificial no seu uso nas empresas, que poden con ela automatizar procesos, detectar fallos nos sistemas de produción e crear e xerar novos servizos, entre outros aspectos. Nuria Oliver lanzou aos preto de 500 responsables de empresas as preguntas estratéxicas que se deben expor para saber se son empresas que integraron o dato na súa xestión.
Preguntas que pasan por saber se contan con datos suficientes, se teñen estruturas adecuadas, se están a investir na formación das súas empregadas e empregados para actualizar os seus coñecementos en IA e se teñen unha cultura corporativa que lles permita adaptarse a esta nova realidade.
Nuria Oliver animou as empresas que non introduciron aínda a Intelixencia Artificial nos seus procesos a daren o paso, porque o seu impacto na produtividade é enorme. Así, citou un estudo de Microsoft, segundo o cal o 37 % das empresas en España xa está a explorar o uso da IA e un 28 % xa está nunha fase máis madura, que as sitúa como líderes en IA. No aspecto laboral, ese mesmo estudo avanza que o 25 % dos traballadores reporta utilizar a IA no seu día a día e un 40 % traballa para empresas que teñen produtos baseados en IA.
Xestión dos datos e o seu aproveitamento
A cita tecnolóxica tivo como punto de partida o contexto tecnolóxico actual, no que os datos se converteron xa no activo máis importante das empresas. A adopción adecuada das denominadas tecnoloxías habilitadoras, como Big Data, Internet das Cousas (IoT) e, por suposto, a Intelixencia Artificial, van ser necesarias no tratamento e aproveitamento dos datos e, por tanto, no éxito e supervivencia das empresas.
Precisamente sobre a importancia do dato e de como facilitar a posta en marcha dos proxectos baseados en datos nas empresas falou Alberto Rezola, fundador e socio de Datu(a) Merkatu. Explicou como a clave do éxito está en dispor do dato dun xeito simple, contando cunha empresa especializada e unha plataforma como Mileva, que é a arquitectura tecnolóxica dispoñible como servizo que R, en alianza con Datu(a) Merkatu, lles facilita ás empresas. Trátase dunha solución converxente que é capaz dunha grande inxesta de información a través de dispositivos IoT, para almacenala, utilizala e xerar información útil (Big Data) e dotala dunha capa de Intelixencia Artificial ligada a dar soluciones que se xeran con eses datos.
Na axenda tamén se falou dos beneficios de aplicar a IA nas empresas. Pablo Gutiérrez, Success Director de Datarobot explicou como a Intelixencia Artificial axuda a crecer e desenvolver o negocio, como mellorar a eficiencia e como construír novos servizos partindo do dato.
Experiencia de empresas
As máis de 450 empresas asistentes ás Xornadas coñeceron de primeira man algunhas experiencias reais de aplicación de Big Data, IoT e IA. En nome de Ebroker falou o seu CEO Higinio Iglesias, quen explicou como a súa empresa especializada en solucións tecnolóxicas para a xestión integral dos corredores de seguros abordou co Grupo Euskaltel, ao que R pertence, e Datu(a) o proxecto denominado SegData, baseado na plataforma Mileva “porque a explotación do dato é o futuro do seguro”. Con SegData quere achegarlles ás empresas clientes do sector do aseguramento beneficio empresarial a través da intelixencia do dato, analizándoo e transformándoo en coñecemento. Iglesias pechou a súa intervención asegurando que “neste momento de transformación dixital, as empresas que ofrecemos servizos tecnolóxicos non temos mellor futuro que axudar os nosos clientes a construír o seu”.
Pola súa banda, Víctor Lorenzo, director do departamento TI do Grupo Cuevas, empresa da industria agroalimentaria con máis de 150 anos de historia, asegurou que se foron adaptado a cada momento histórico e que a dixitalización supuxo un reto e unha oportunidade. No seu caso, implantaron un sistema para preparar os pedidos con precisión e grazas a el conseguiron un 95 % menos de erros na súa preparación e unha optimización das rutas de distribución cun aforro económico próximo ao 28 %. Nos puntos de venda conseguiron automatizar os procesos para personalizar a atención ao cliente e coñecer as súas necesidades de compra, ao tempo que conseguían tamén un considerable aforro enerxético.
Por último, antes de comezar o tempo de networking, Ignacio Vilaplana, responsable de BAI Analytics, encargouse de pechar a sección dedicada ás experiencias de empresas detallando o enfoque da IA en R e no Grupo Euskaltel. “A nivel interno, traballamos na normalización do uso da IA. Somos un equipo pequeno, mais traballamos de forma transversal e involucramos todas as áreas da organización. Deste xeito, conseguimos unha mellora na toma de decisións para mellorar a experiencia do cliente”. O noso traballo consiste en involucrar os equipos para que confíen e coñezan as predicións que posibilita a IA mediante modelos preditivos que impactan de xeito favorable no negocio. A nivel externo, BAI Analytics é o instrumento que R pon a disposición das empresas para que accedan a esta tecnoloxía e que poidan acometer proxectos a curto prazo e con menos investimentos.
Acompañamento e proximidade
R xa está a ter un papel relevante e referente, pois está a apostar non só polos últimos servizos de telecomunicacións, senón que vai máis aló, aproveitando as capacidades para acompañar as empresas clientes mediante servizos de IoT, Big Data ou Intelixencia Artificial, en alianza coas empresas especializadas de cada sector.
Isidro Fernández de la Calle, director corporativo Empresas de R e do Grupo Euskaltel, explicou os obxectivos destas Xornadas Tecnolóxicas, que se celebran dende hai xa 10 anos. “Son unhas xornadas especiais pola oportunidade de estar preto das empresas. Serven para compartir cos nosos clientes as posibilidades que as tecnoloxías nos ofrecen, proxectos que nos sirvan de inspiración para abordar novos retos. Teñen tamén por obxectivo validar de primeira man se imos polo bo camiño nas nosas apostas estratéxicas, nos produtos e servizos que estamos a desenvolver ou na política de alianzas e partners. O feedback que recibimos indícanos se imos na dirección correcta, porque o que facemos facémolo cun único obxectivo: continuar acompañando as empresas no camiño de resolver coa tecnoloxía os retos que os nosos negocios nos presentan día a día: mellorar a relación co cliente, reducir custos, incrementar a produtividade, ou transformar os modelos de negocio para ser máis competitivos”.
Plataforma virtual a un clic de distancia
Coa tecnoloxía como aliada, R conseguiu que as e os asistentes ás Xornadas Tecnolóxicas puidesen participar como se estivesen de verdade nese espazo, reproducindo a realidade dun edificio con auditorio, salas de conferencias, salas para networking e amplos espazos expositores, só con premer en cada sección. Un edificio virtual ao que se pode acceder dende esta ligazon.
Tamén houbo un espazo onde visitar os postos das principais empresas do sector que colaboraban no evento: Cinfo, Cisco, Citrix, DataRobot, Flame Analytics, Fortinet, HSI, Merkatu, Microsoft, Panda, Plexus, S21, Shooowit ou VMWare, entre outras.

R