Pasar al contenido principal
  • Español Español
  • Galego Galego
Empresas de Galicia logo
  • Directorio
  • Actividades
  • Alta de Empresa
  • Modificación y baja
  • Anuncios
  • Anuncios B2B
  • Servicios
  • Cursos
Inicio

O vindeiro venres entregaranse os primeiros Premios Galicia de Innovación e Deseño

Estes premios son unha iniciativa da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), para distinguir a contribución de profesionais e empresas ao desenvolvemento económico e social en Galicia a través da innovación e do deseño.

O certame conta con seis categorías. Tres delas están especificamente dirixidas a recoñecer a aqueles profesionais e empresas galegas que teñen a innovación como un elemento clave para o desenvolvemento da súa estratexia profesional e o seu crecemento empresarial. As grandes empresas finalistas son Egatel, Televés e Cupa Innovación. As pemes preseleccionadas foron Magallanes Renovables, Situm Tecnnologies e Marine Instruments. A maiores, será entregado o premio da categoría de traxectoria innovadora á persoa que, a criterio do xurado, fixo unha maior contribución nos últimos anos ao avance da innovación en Galicia de entre todos os candidatos.

As outras tres categorías distinguirán aos profesionais e empresas que contribúen de maneira significativa á mellora do prestixio do deseño galego e ás compañías que, ao incorporalo á súa estratexia empresarial, demostran que o deseño actúa como motor de innovación e competitividade. Os profesionais finalistas son os equipos creativos dos estudios de deseño Cenlitrosmetrocadrado, Fruto DS e Costa Comunicación Visual.

As empresas preseleccionadas como casos de éxito de incorporación do deseño á súa estratexia empresarial son D-due, Televés e Bico de Xeado. As tres deseñadoras menores de 35 anos elixidas finalistas son Eva Yarza –cofundadora xunto coa súa irmá do estudio Yarza Twins e Premio Nacional de Deseño e Innovación 2020– , Sofía Blanco –profesional independente que traballou nos estudios Christian Kerez Gmbh en Berlín e Ábalos+Sentkiewicz en Madrid– e Beatriz Lema –profesional independente, gañadora do XII premio Banda Deseñada Castelao–.

Os recoñecementos para a traxectoria innovadora na categoría de gran empresa e o premio para empresas no apartado de deseño terán carácter honorífico, e todos os demais contan cunha dotación económica de 15.000 euros cada un.
Axencia Galega de Innovación (Gain)

Compartir

Facebook Like Tweet Widget Google Plus One Linkedin Share Button Google
Entrar/Registrarse
  • Crear nueva cuenta
  • Solicitar una nueva contraseña

Entidades

  • comercio exterior
    • aduanas
    • agencias de comercio
    • cámaras de comercio
    • oficinas de comercio
  • confederaciones de empresarios
  • cámaras de comercio
  • oficinas de servicios
    • registros de la propiedad
    • registros mercantiles
  • asociaciones
    • colegios profesionales
    • profesionales
    • empresariales
    • sindicales
    • cofradías de pescadores

De interés

Calendario fiscal
Calendario laboral
Documentación
Festivos con comercios abertos en 2019
Festivos con comercios abertos en 2020
Portal PYME
Oficina Española de Pantentes y Marcas
Guía do Cidadán


Galicia Digital
| Internet Galicia | Páginas Amigas | Contacto
Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información