Pasar al contenido principal
  • Español Español
  • Galego Galego
Empresas de Galicia logo
  • Directorio
  • Actividades
  • Alta de Empresa
  • Modificación y baja
  • Anuncios
  • Anuncios B2B
  • Servicios
  • Cursos
Inicio

O Congreso de Galicia e Norte de Portugal de Formación para o Traballo desenvolverase do 23 ao 25 de novembro

Un cento de participantes entre persoal investigador, estudantado, orientadores/as, docentes e profesionais do ámbito da formación e do traballo de diferentes puntos de España, Portugal e outros países daranse cita neste foro que se desenvolverá entre Ourense e Celanova.

“Queremos mostrar dende unha posición periférica as nosas preocupacións e achegar coñecemento novo sobre os avances da investigación e da práctica nestas temáticas”, explicou a presidenta do comité organizador e profesora da USC, Margarita Valcarce Fernández.

Asimesmo, tamén intervirán como relatores Antonio Rial, profesor Ad Honoren da Facultade de Ciencias da Educación da USC, e Joaquim Luís Coimbra, vicepresidente do Comité Científico e pertencente á Facultade de Psicoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de Porto. Eles serán os encargados da conferencia inaugural, mentres que o relatorio de clausura correrá a cargo do deseñador Roberto Verino.

Entre os obxectivos que persegue este foro atópanse o feito de identificar novos desafíos na formación, orientación e inserción laboral das persoas, como consecuencia da interseccionalidade social, tecnolóxica e persoal; salientar necesidades da formación, orientación e emprego derivadas da devandita interseccionalidade; outorgar visibilidade ao potencial deste fenómeno, para lograr unha maior empregabilidade, na investigación sobre formación, orientación e inserción laboral; coñecer boas prácticas; debater sobre as posibilidades de futuro e sinalar liñas de acción, entre outros.

No acto de presentación que se desenvolveu este xoves 14, Jesús García, secretario da Facultade de Ciencias da Educación, afirmou que “este congreso xa é decano na nosa Universidade”. “É moi destacable a traxectoria deste interese científico e académico que fai 23 anos; tamén é de gran relevancia porque serve de punto de encontro e atende o obxectivo de transferencia de coñecemento da Universidade para que chegue á sociedade; e por último porque este congreso permite tecer redes con institucións, organizacións e outras entidades nun ámbito tan sensible como é a formación e o emprego cun carácter transfronteirizo”, engadiu.

A presentación, que tivo lugar no Centro Cultural José Ángel Valente de Ourense contou tamén coa participación de José Pedro Machado, subdelegado rexional do Norte do Instituto de Emprego e Formación Profesional; Marta Vázquez Guzmán, directora do Centro Galego de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros; e Rosendo Luis Fernández, deputado provincial en materia de Turismo. O Concello de Ourense tamén estivo representado polo tenente de Alcalde, Armando Ojea; e a concelleira de Educación e Xuventude, Tamara Silva. Tamén participou no acto a tenente de Alcalde do Concello de Celanova, Teresa Barge; Joaquim Luis Coimbra, vicepresidente do Comité Científico; e o decano da Facultade de Educación e Traballo Social da Universidade de Vigo, Xosé Manuel Cid.
Universidade de Santiago de Compostela (USC)

Compartir

Facebook Like Tweet Widget Google Plus One Linkedin Share Button Google
Entrar/Registrarse
  • Crear nueva cuenta
  • Solicitar una nueva contraseña

Entidades

  • comercio exterior
    • aduanas
    • agencias de comercio
    • cámaras de comercio
    • oficinas de comercio
  • confederaciones de empresarios
  • cámaras de comercio
  • oficinas de servicios
    • registros de la propiedad
    • registros mercantiles
  • asociaciones
    • colegios profesionales
    • profesionales
    • empresariales
    • sindicales
    • cofradías de pescadores

De interés

Calendario fiscal
Calendario laboral
Documentación
Festivos con comercios abertos en 2019
Festivos con comercios abertos en 2020
Portal PYME
Oficina Española de Pantentes y Marcas
Guía do Cidadán


Galicia Digital
| Internet Galicia | Páginas Amigas | Contacto
Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información