Notas
-
“Queremos potenciar ideas de impacto positivo no eido social e medioambiental”. Con estas palabras definiu o delegado do reitor para a Transferencia do Coñecemento, Luis Otero, a meta que a USC persegue a través do programa ICARUS que este mércores 13 entregou os seus premios dirixidos a recoñecer a aplicación social e económica dos resultados de traballos fin de grao (TFG), e mestrado (TFM), así como das teses de doutoramento.
-
A suma de factores como o consumo excesivo de recursos fósiles, o incremento da poboación mundial e o aumento de residuos que esta xera, así como a súa incorrecta xestión, demanda novos modelos de produción baseados en recursos renovables. Poder transitar cara ao establecemento de modelos alternativos baseados en procesos biotecnolóxicos a gran escala pasa por demostrar a súa capacidade produtiva, viabilidade económica e potencial sostible.
-
A Universidade de Vigo volve un ano máis a estar entre as 600 mellores universidades do mundo. O Academic Ranking of World Universities (máis coñecido como ránking de Shanghai) do mes de agosto sitúa a UVigo no tramo das 501-600 mellores institucións académicas (a primeira do Sistema Universitario de Galicia e entre as 14 máis destacadas de España). Por ámbitos de coñecemento, sobresae a súa posición en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, onde está entre as 75 mellores.
-
Un equipo interdisciplinar de investigación no que participan a USC, o Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS), o Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), o Centro Universitario de Odontoloxía de Basilea (Suíza) e a Universidade e o Hospital Universitario de Aarhus (Dinamarca), presenta unha nova técnica para diagnosticar e medir a inflamación articular a través de imaxes volumétricas sen contraste.
-
Os Asteleiros Fra son os máis antigos asteleiros de ribeira de Galicia, tendo máis de dous séculos de existencia, xa que se sabe que en 1806 xa construian barcos para a pesca. Están en San Ciprián, na costa de Lugo, e o seu director é Francisco Fra Rico, pertencente á séptima xeneración familiar dedicada á construción artesá de barcos. Ademais da construción de barcos, realizan tamén un importante labor pedagóxico.
-
O encontro de emprendemento Pont-Up Store prepárase para regresar o 29 e 30 de setembro á cidade de Pontevedra cunha selección de emprendementos que, nunha alta porcentaxe, propoñen solucións “sostibles a diferentes retos e en sectores moi diversos”, segundo indican desde a súa organización.
-
Hai seis anos, as e os investigadores de posdoutoramento Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina decidiron poñer en marcha unha cita anual coa investigación máis punteira nas áreas de biomedicina e nanomateriaisA sexta edición desta iniciativa, que se ten consolidado como un encontro científico multidisciplinar de primeiro nivel, arrancou no campus e boa mostra do seu tirón son os preto de 200 participantes procedentes de nove países.
-
Un equipo do CiQUS logrou mimetizar a composición da membrana de células tumorais e desenvolver un vehículo que se fusiona coa membrana da célula anfitrioa para liberar moléculas bioactivas no interior. 'Unha das grandes limitacións á hora de levar fármacos ou outras moléculas de interese ao interior da célula ten que ver co carácter foráneo que presenta a superficie dos transportadores empregados', explica o equipo investigador.
-
A biotecnoloxía azul é aquela que promove a utilización sostible dos recursos mariños e costeiros para desenvolver solucións innovadoras en eidos como a acuicultura sostible, a conservación e restauración de ecosistemas mariños, a produción de alimentos mariños e a procura de compostos bioactivos con aplicacións na industria farmacéutica, cosmética e alimentaria.
-
O EqualSea Lab, financiado polo Consello Europeo de Investigación e dirixido polo profesor do departamento de Economía Aplicada da USC, Sebastian Villasante, participará no proxecto ‘Reducing bycatch of threatened megafauna in the east central atlantic (REDUCE)’ co que se pretende, a través de enfoques científicos interdisciplinarios e novos, xestionar a pesca peláxica industrial na Unión Europea e no Océano Atlántico Centro-Oriental, “xa que está última é unha fonte importantísima de actividade económica e proteínas para a UE”.