En Marea y EU creen que el ingreso en prisión de los responsables de NCG es insuficiente y piden que se depuren responsabilidades políticas
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de EU:
“Diante da decisión da entrada en prisión dos responsables das caixas galegas o que temos que dicir é que esta medida non é suficiente”, asegura Yolanda Díaz, coordinadora de Esquerda Unida e deputada de En Marea ao valorar a decisión da Audiencia de ditar ingreso en prisión para a antiga cúpula de Novacaixagalicia (NCG).
Segundo explica Yolanda Díaz, “estamos satisfeitas de que, por fin, aqueles que saquearon o noso país, que nos empobreceron e que fixeron que sobre nós pesaran recortes entren na cadea, aínda que é certo que queda unha parte substancial do que fixeron coas nosas caixas sen esclarecer e sen tomar responsabilidades sobre as mesmas”.
“Soamente entran en prisión por dous anos por unha pequena cuestión, que son unhas indemnizacións archimillonarias que se adxudicaron a si mesmos, aínda que queda sen depurar responsabilidades, sobre todo, o que tivo que ver co desmantelamento do sistema financeiro do noso país e con esa decisión nefasta que foi a fusión das caixas galegas, e de todo o que ten que ver con ese buraco galego que supuxo máis de 9.000 millóns de euros que pagou Juan Pueblo e que ademais sufrimos a base de recortes”. Polo tanto, “queda seguir pelexando para que se salvagarde a verdade e que se restableza o dano que se fixo ao noso país”, remata Díaz.
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de En Marea:
Agardamos que a resolución xudicial faga tomar conciencia á clase política, igual que xa o fixo a propia sociedade galega, e que esta comisión se tome en serio o seu traballo, non poñendo vetos á comparecencia de persoas nin á presentación de documentos como fixeron na anterior lexislatura”, sinalou Luís Villares, que adiantou que En Marea denunciará este tipo de prácticas e loitará ata o final polo coñecemento da verdade e a depuración de responsabilidades políticas dos que “expoliaron os aforros galegos malvendendo unhas caisas que agora dan beneficios privados a unha multinacional”. O voceiro do grupo parlamentario tamén sinalou que “ver condenados os directivos das antigas caixas galegas é un sinal de tranquilidade para a sociedade, pois se miramos 10 ou 15 anos atrás pareceríanos imposible”.

R.