El sindicato CC.OO. denuncia que la Ley de reformas urgentes del trabajo autónomo olvida cuestiones de gran importancia
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO.-Galicia:
O sindicato lamenta que o Goberno rexeitase todas as emendas que suporían melloras e respondían ás necesidades dos traballadores e traballadoras autónomas.
Con todo, CCOO coida que hai puntos positivos na lei, como a bonificación do 100% da xubilación para os autónomos que contraten polo menos un empregado, a tarifa plana de 50 euros para as mulleres que volven tras a baixa de maternidade e a dedución das comidas.
Pola contra, o sindicato non comparte a ampliación da tarifa plana de seis meses a un ano, pois vai supor un custo de mil millóns de euros anuais nos orzamentos xerais do Estado (OXE).
Ademais, a normativa continúa a presentar carencias, como non vincular as cotización cos ingresos reais —para mellorar as pensións ou facer mais accesible a prestación por cesamento de actividade.
CCOO entende que os esforzos se deben centrar na reforma do réxime especial de autónomos (RETA), cuestión aberta nunha subcomisión do Congreso, aínda sabendo que o Senado rexeitou en bloque emendas presentadas por algunha organización de autónomos.
Por último, desde CCOO deféndese que é necesario avanzar na lexislación das condicións dos traballadores autónomos economicamente dependentes (TRADE) e lograr que algunhas bonificacións en cotizacións estean a cargo dos OXE e non da Tesouraría da Seguridade Social.

R.