Galicia recibirá só o 0,5% dos 4.000 millóns do Plan Recuperación e Resiliencia do Estado para a conectividade
O Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital resérvase, polo tanto, o 91% dos fondos para resolver os problemas de conectividade fixa e sen fíos en todos os territorios e cumprir cos obxectivos que marca Europa. Entre eses obxectivos está o de que o 100% das poboación teña acceso a banda larga de ao menos 100 Mbps.
De acordo cos decretos publicados hoxe, as Comunidades Autónomas deberán desenvolver as mesmas medidas en caso de solicitar os fondos, sen marxe para decidir o mellor criterio para executar estes fondos atendendo ás súas particularidades. En concreto, os fondos deberán destinarse ao reforzo de conectividade en centros públicos de referencia, polígonos industriais e centros loxísticos, a mellora das infraestruturas de telecomunicacións en edificios e a execución dun programa de emisión de bonos dixitais para colectivos vulnerables durante 1 ano.
Reparto en Galicia
Galicia contará con 19.1 millóns de euros, dos cales 8,6 millóns de euros serán para o reforzo da conectividade nos centros públicos; 4,8 millóns de euros para a mellora da conectividade en polígonos industriais; 4,3 millóns de euros para a mellora das infraestruturas de telecomunicacións nos edificios anteriores ao ano 2000 e 1,4 millóns de euros para unha axuda de 240 euros a colectivos vulnerables para a contratación de servizos de banda larga durante 1 ano.
A pesar das limitacións nas actuacións definidas nos reais decretos publicados hoxe, a Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, dirixiuse hai dúas semanas a todos os concellos da nosa comunidade para colaborar na identificación de centros públicos e áreas empresariais susceptibles de beneficiarse destes fondos. Desde xeito busca adiantar o máximo posible a planificación.
É de destacar que, dos menos de 20 millóns de euros aos que pode acceder a Xunta de Galicia a través destes reais decretos o prazo para a execución de todos os investimentos remata en 2023, cando o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia contempla un período de execución dos investimentos ata 2026.

R.