Galicia reclama que as rexións sigan tendo un papel relevante na planificación e xestión dos fondos europeos
O director xeral lembrou que, dende a entrada de España na Unión Europea, a comunidade galega xestionará máis de 22.000 millóns de euros que son determinantes para mellorar indicadores económicos e sociais como o PIB per cápita, o emprego, a taxa de pobreza e o abandono escolar. Para programar estes fondos, engadiu Gamallo, realizouse un gran proceso de análise das fortalezas, debilidades, oportunidades e ameazas de Galicia e deseñáronse estratexias a medio e longo prazo que deixarían de ter sentido se o deseño da execución dos fondos viñese determinado dende o Estado.
Galicia foi a comunidade autónoma que máis emendas presentou para este pleno: unha de cada tres das presentadas pola delegación española. Entre os asuntos emendados figuran o ditame Condicións de traballo xustas na agricultura: a perspectiva local e rexional, O futuro da política climática da UE: axustar os obxectivos de mitigación aos retos de adaptación, Abordar as desigualdades territoriais mediante un mellor acceso aos servizos sociais e Retos e oportunidades da intelixencia artificial no sector público: determinar o papel dos entes locais e rexionais.
Galicia no Comité Europeo das Rexións
Este pleno, que foi o último do actual mandato do CdR, serviu para conmemorar o 30 aniversario da institución. O Comité Europeo das Rexións (CdR) é a asemblea consultiva na que están representados os entes locais e rexionais da Unión Europea. A sesión plenaria do CdR reúnese seis veces ao ano. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o presidente da Xunta, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE. O próximo mandato do Comité iniciarase en febreiro do ano que vén.

R.