Pasar al contenido principal
  • Español Español
  • Galego Galego
Empresas de Galicia logo
  • Directorio
  • Actividades
  • Alta de Empresa
  • Modificación y baja
  • Anuncios
  • Anuncios B2B
  • Servicios
  • Cursos
Inicio

Noticias

  • Agradecemento da Xunta polo acordo de Alcoa e o Comité de Empresa
    A Xunta de Galicia agradece a todas as partes que se sumen á proposta realizada o pasado martes polos gobernos estatal e galego para ampliar o período de consultas do ERE ata o 28 de setembro e, deste xeito, contar con seis semanas máis de prazo para que Alcoa e o grupo Liberty House pechen a operación de compra-venda en San Cibrao. Hoxe, especialmente, este agradecemento é para a comisión negociadora, que entendeu que o camiño para alcanzar unha solución que evite os despedimentos e permita continuar activas as cubas é manterse dentro da senda do diálogo.
  • Axudas a empresas, concellos e entidades sen ánimo de lucro, para proxectos de autoconsumo a través da enerxía fotovoltaica
    O DOG ven de publicar a convocatoria das axudas para proxectos de enerxía fotovoltaica ás que a Xunta destina 4,5M€. Van dirixidas a empresas, concellos e entidades sen ánimo de lucro, para fomentar o autoconsumo eléctrico a través de fontes de enerxía renovable. Poderanse presentar solicitudes do 21 de setembro ao 1 de decembro pero as entidades colaboradoras —empresas con actividade de instalación de baixa tensión— teñen 15 días para solicitar a súa adhesión a este programa.
  • Más de 10.000 personas solicitaron xa o Bono Turístico nos primeiros quince días, cubrindo máis do 50% das prazas ofertadas
    O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, destacou a boa acollida do Bono Turístico, impulsado pola Xunta e o Clúster Turismo de Galicia, ao recibir en apenas 15 días solicitudes para máis do 50% das prazas ofertadas, superando a barreira das 10.000. Esta iniciativa supón unha inxección de 5 millóns de euros nas empresas desta industria e permitirá fomentar o turismo interno, incentivar o consumo e favorecer a recuperación económica e a creación de emprego tras a crise da covid-19.
  • Novas rutas de 'Cruceiros Costeiros', centradas no Xacobeo 2021 e no mundo fenicio
    O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, destacou o potencial do turismo náutico á hora de favorecer a diversificación da oferta e contribuír á reactivación do sector turístico, apostando por un modelo sustentable e de calidade que pon en valor a natureza e a paisaxe. Fíxoo tras participar na presentación das novas rutas da iniciativa Cruceiros Costeiros de Galicia, centradas no Xacobeo 2021 e no mundo fenicio. Segundo puntualizou Román Rodríguez, este tipo de iniciativas permiten impulsar produtos e experiencias diferenciadas que, no caso deste proxecto, teñen ademais unha repercusión directa no territorio, ao beneficiar as pequenas vilas e poboacións nas que fan parada as distintas rutas.
  • Comunicado conxunto da Xunta e o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo en relación con Alcoa.
    Se ha celebrado en Madrid una nueva reunión a la que, además del secretario general de Industria y de la Pequeña y Mediana Empresa del Ministerio de Industria, Comercio y Turismo, Raúl Blanco; el conselleiro de Economía, Empleo e Industria de la Xunta de Galicia, Francisco Conde; el responsable de Política Industrial y Sectorial de CCOO de Industria, José Manuel Casado; el secretario general de UGT FICA, Pedro Hojas; y el secretario general de la CIG, Paulo Carril; también ha asistido el presidente de Alcoa en España, Álvaro Dorado. Con el objetivo de lograr que se garantice el mantenimiento de la actividad industrial en la planta de San Cibrao y de los puestos de trabajo vinculados a la factoría, la Xunta de Galicia y el Ministerio, han efectuado propuesta que contiene entre otros los siguientes elementos:
  • A Estratexia Galega de Mobilidade definirá unha rede coordinada de servizos e infraestruturas para o país
    A Xunta ven de licitar a redacción da Estratexia Galega de Mobilidade coa fin de definir unha rede coordinada de servizos e infraestruturas moderna, sostible e eficiente que aumente a competitividade na comunidade. O traballo ten un orzamento de máis de 922.000 euros e un prazo de execución de dous anos. A presentación de ofertas poderá realizarse ata o vindeiro 14 de setembro. O obxectivo da programación é avanzar cara a unha mobilidade de futuro, adaptada ao contexto da covid-19 e da Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía 2050.
  • Galicia suma tres meses consecutivos reducindo as cifras de desemprego e sitúase como a terceira comunidade na que máis baixa no mes de xullo
    En Galicia diminúe o desemprego en xullo nun 5,06% con respecto ao mes de xuño, o que supón 9343 persoas menos no paro (300 persoas ao día) e segue situándose a niveis inferiores aos de hai 11 anos. Este dato sitúa Galicia como a terceira Comunidade -en termos relativos- na que máis se reducen as cifras do paro, superando en preto de tres puntos a baixada a nivel nacional. O paro tamén baixou nas catro provincias, en concreto un 6,19% en Pontevedra, un 5,29% en Lugo, un 4,49% na Coruña e 2,96% en Ourense. Galicia volve reducir as cifras do paro en todos os sectores de actividade encabezando este descenso os servizos (-5,90%), seguidos da construción (-5,49%), a industria (-4,82%) e a agricultura e a pesca (-3,60%). De feito, a baixada nos servizos concentra o 81% da redución do paro neste mes.
  • Ponse en marcha CIBER.gal, o nodo de ciberseguridade de Galicia
    A previsión é poñer en marcha o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, CIBER.gal, á volta do verán, unha vez que a Xunta xa asinou o convenio co Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), a Fegamp e as catro deputacións provinciais. Coa creación de CIBER.gal, ponse en marcha un modelo de cooperación que, de forma conxunta con outros axentes públicos e privados, impulse a concienciación e a formación de cidadáns e empresas en materia de ciberseguridade; que dea resposta coordinada a retos complexos; que promova a xeración, atracción e retención de talento especializado, e que contribúa ao posicionamento de Galicia neste ámbito a nivel estatal e europeo.
  • Ponse en marcha CIBER.gal, o nodo de ciberseguridade de Galicia
    A previsión é poñer en marcha o Nodo de Ciberseguridade de Galicia, CIBER.gal, á volta do verán, unha vez que a Xunta xa asinou o convenio co Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe), o Centro Criptolóxico Nacional (CCN), a Fegamp e as catro deputacións provinciais. Coa creación de CIBER.gal, ponse en marcha un modelo de cooperación que, de forma conxunta con outros axentes públicos e privados, impulse a concienciación e a formación de cidadáns e empresas en materia de ciberseguridade; que dea resposta coordinada a retos complexos; que promova a xeración, atracción e retención de talento especializado, e que contribúa ao posicionamento de Galicia neste ámbito a nivel estatal e europeo.
  • Os galegos poderán autorizar a terceiros a realizar os seus trámites dixitais coa Xunta
    Os galegos poderán autorizar a unha terceira persoa ou a un funcionario público a realizar trámites dixitais en nome doutra persoa no último trimestre do ano. A articulación desta fórmula recóllese no Decreto que regulará o Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos da Comunidade e cuxo prazo de exposición pública acaba de abrirse. É un dos pasos previos para a súa a aprobación no último trimestre do ano, no que se prevé que estea operativo. O Rexistro é un instrumento que facilita aos cidadáns a acreditación, ante os órganos do sector público de Galicia, dos apoderamentos que vai conceder para que realicen as xestións online coa Xunta no seu nome.
  • « primera
  • ‹ anterior
  • …
  • 6
  • 7
  • 8
  • 9
  • 10
  • 11
  • 12
  • 13
  • 14
  • …
  • siguiente ›
  • última »
Entrar/Registrarse
  • Crear nueva cuenta
  • Solicitar una nueva contraseña

Entidades

  • comercio exterior
    • aduanas
    • agencias de comercio
    • cámaras de comercio
    • oficinas de comercio
  • confederaciones de empresarios
  • cámaras de comercio
  • oficinas de servicios
    • registros de la propiedad
    • registros mercantiles
  • asociaciones
    • colegios profesionales
    • profesionales
    • empresariales
    • sindicales
    • cofradías de pescadores

De interés

Calendario fiscal
Calendario laboral
Documentación
Festivos con comercios abertos en 2019
Festivos con comercios abertos en 2020
Portal PYME
Oficina Española de Pantentes y Marcas
Guía do Cidadán


Galicia Digital
| Internet Galicia | Páginas Amigas | Contacto
Aviso Legal | Política de Privacidad | Política de cookies

Usamos cookies propias y de terceros para mostrar publicidad personalizada según su navegación.
Si continua navegando consideramos que acepta el uso de cookies. OK Más información