Pasar al contenido principal

Curso para obtención do CARNE DE TRANSPORTE DE ANIMAIS VIVOS

A entidade Nagar Servicios Ambientales, especializada na xestión e servicios no eido forestal e medioambiental abre a convocatoria de inscripcións no Curso de Transporte de Animais Vivos.

Dende o ano 2008 tódalas persoas que queiran transportar animais vivos (cabalos, ovellas, vacas, porcos, cabras, aves, ...) están obrigadas a posuír o carné de Benestar Animal.
 

A finalidade deste curso é a de obter un Carné Homologado pola Xunta de Galicia que acredite á persoa para poder transportar animais vivos (está prohibido transportar animais sin ter esta acreditación baixo risco de sancións de ata 3000 €).

Este curso está orientado a tódalas persoas que, de forma particular ou profesional, deban transportar animais vivos ( criadores, cazadores, persoal de explotacións gandeiras , persoal de matadoiros, de carnicerías e transportistas ou coidadores de animais.... tamén os particulares que crian animais na súa casa e deben movelos en vehículos). 

 

TÍTULOCarné para transporte de animais vivos (Benestar Animal)


INSCRIPCIÓNS: Prazo aberto durante todo o ano.  Podes reservar praza e preinscribirte AQUÍ

DATAS E HORARIO: Cursos de 20 horas que se impartirán en horario de tarde-noite e fins de semana nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro. Os horarios e datas acordaranse con cada grupo de alumnos/as para adaptar cada curso ás necesidades dos alumnos.

LUGAR: Os cursos impartiranse nas aula de formación de NAGAR, en Oza dos Rios. (xunto á oficina do Banco Etcheverría de Oza).

PRECIO: 120 € con descontos de ata o 30% para clientes de NAGAR, cazadores, gandeiros ou persoas desempregadas. Consulta condicións .

DESCRIPCIÓN
O curso consta dun módulo xeral de 15 horas e dun módulo especifico de 10 horas que dependerá do grupo ó que pertenza cada alumno (matadoiros, gandeiros ou transporte de animais).

Para mais información podes poñerte en contacto con NAGAR no teléfono 647688261, enviar un e-mail a nagarservicios@nagarservicios.com ou visitar a páxina web www.nagarservicios.com na que atoparás toda a información sobre este curso e sobre a actividade da empresa.