O equipo UVigo Aerotech compite en Alemaña co seu dron MIR-10
O certame celébrase do 9 ao 12 de xullo en Aachen e é a segunda vez que o equipo do campus de Ourense participa nel. MIR-10, explican os seus responsables, “representa un significativo avance respecto ao seu predecesor, o CORV-0, presentado no mesmo evento no ano 2022”. O novo dron destaca por ser a segunda aeronave de UVigo Aerotech fabricada en fibra de carbono. “Unha das principais innovacións deste modelo é a substitución da estrutura interna de aluminio por madeira cortada por láser, o que permitiu unha considerable redución de peso tras unha extensa análise”, indican. Ademais apuntan que “mellorouse notablemente a aerodinámica e incorporáronse avances na electrónica, que optimizan o rendemento xeral da aeronave en comparación cos seus predecesores”.
Un traballo en equipo e multidisciplinar
Chegar a competir en Alemaña cun dron propio “foi posible grazas ao esforzo e dedicación dun equipo multidisciplinario”, sinalan, que logrou desenvolver o MIR-10 na metade de tempo comparado coa anterior edición. Máis do 90% dos seus membros non estaban na Air Cargo Challenge 2022, polo que desde UVigo Aerotech poñen o aceno en como se está acadando no proxecto “unha transmisión de coñecemento no tempo significativa e fundamental”. Este curso académico, o equipo experimentou, tal e como destacan os seus membros, “un significativo crecemento”, chegando a estar formado por 43 persoas e establecendo un novo departamento de investigación e desenvolvemento no que sobresae a participación de alumnado procedente da Escola Superior de Enxeñaría Informática. “Este departamento céntrase na aplicación de xemelgos dixitais no desenvolvemento de aeronaves e o deseño de ás volantes con tecnoloxía morphing wing, o que promete futuras innovacións e melloras nos seus proxectos”, explican.
Igualmente, desde UVigo Aerotech subliñan “a gran calidade dos materiais proporcionados polos patrocinadores, así como o proceso de fabricación seguido colaborando con diferentes empresas”. Neste senso agradecen o apoio dos seu patrocinadores, entre os que destacan Coasa, Utingal, Gurit, Europrecis, Mecadis, Marine Instruments, Symula, a Axencia Galega de Innovación e a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo.
A pesar de ser a súa “segunda participación cunha aeronave avanzada en canto a recursos utilizados”, UVigo Aerotech amósase confiado en alcanzar bos resultados nesta Air Cargo Challenge 2024 e continuar a súa traxectoria “de aprendizaxe e mellora”. Neste senso poñen en valor a importancia fundamental que ten neste proxecto a aprendizaxe durante o proceso, subliñando como “ocorra o que ocorra, o saldo desta tempada xa é moi positivo. Agora agardamos rematar o ano cun gran sabor de boca nunha competición para a que traballamos moi duro”.

Universidade de Vigo (UVigo)