O programa Iacobus celebrará unha década fomentando a cooperación científica entre Galicia e Portugal
Na presentación do evento que tivo lugar este xoves no campus de Ourense, Francisco Javier Rodríguez, vicerreitor deste campus, amosou a satisfacción e agradecemento da institución académica pola elección de Ourense para acoller a celebración deste primeiro congreso. O responsable académico puxo en valor o interese do programa Iacobus, do que el mesmo participou como docente e investigador, e da colaboración que ao seu redor se articula. Esta colaboración transfronteiriza, afirmou, “non suma senón que multiplica” o impacto das accións levadas a cabo.
Pola súa banda, Xosé Lago, subdirector da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (GNP-AECT), entidade que xestiona o programa Iacobus, explicou como esta iniciativa foi evolucionando ao longo dunha década ata abranguer na actualidade 39 entidades galego-portuguesas de educación superior e centros tecnolóxicos. A celebración deste primeiro congreso, indicou, pretende reunir ás entidades implicadas e persoas beneficiarias del co obxectivo de “aprender todos de todos, mellorar e trasladar á sociedade” o interese e resultados desta iniciativa. Pola súa banda, Ángel Miramontes, director da Fundación CEER (Centro de Estudos Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal), subliñou a “efectividade” e “produtividade desde todos os puntos de vista” do programa e a súa contribución ao “traballo en unión dun territorio que mantén unhas relacións tan sólidas” como é Galicia e o Norte de Portugal.
Estadías, patentes e artigos conxuntos
As tres universidades públicas galegas (Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela), así como as universidades lusas de Porto, Minho, Trás-Os-Montes e Alto Douro, Católica Portuguesa e os institutos politécnicos de Porto, Viana do Castelo e Bragança, participan no programa Iacobus xunto a centros tecnolóxicos e fundacións biomédicas. Nesta década de existencia, indican desde a organización do congreso, a iniciativa destinou máis de dous millóns de euros a financiar estadías de investigación (máis de 1400 desde o seu inicio), patentes e artigos conxuntos publicados en revistas científicas, contando co apoio da Unión Europea a través do Programa Interreg, concretamente do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal (Poctep), que achega ata o 75% do investimento.
Arredor de 150 persoas asistirán a este primeiro congreso, que está previsto que sexa inaugurado por Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia, e António Cunha, presidente do CCDR Norte (Comissão de Coordenação e Desenvolvimento Regional do Norte-Portugal), contando ademais coas intervencións de Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; António Sousa Pereira, reitor da Universidade do Porto, e Nuno Almeida, director do GNP-AECT. Ao longo da xornada, que terá lugar no salón de actos Marie Curie do edificio Politécnico, Jesús Gamallo, director xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia, e Emídio Gomes, ex presidente do CCDR Norte e actual reitor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, explicarán como se creou este programa e a súa misión. Posteriormente, Jorge Sobrado, vicepresidente da CCDR-Norte; Xosé Lago, subdirector de GNP-AECT, e Ángel Miramontes, director da Fundación CEER, farán balance destes dez anos de cooperación.
Xa nas sesións da tarde, haberá unha mesa redonda sobre a Visión das institucións participantes sobre o programa Iacobus e unha conferencia sobre a experiencia de participantes nesta iniciativa. Pechará o programa o vicerreitor do campus de Ourense. Por último, no evento darase ademais entrada a dúas novas institucións (o Centro Tecnolóxico Clúster da Acuicultura e o Centro de Interface Tecnológico e Industrial) que pasarán a beneficiarse do programa Iacobus, cuxa nova convocatoria está previsto que teña lugar en novembro.

Universidade de Vigo (UVigo)