O vicepresidente científico de Pharmamar impartirá a cuarta conferencia do ciclo “Polos mares del sur”, que terá lugar o vindeiro luns 30 de maio
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/JosemariaJimeno-parmalar.jpg)
Deste xeito, na conferencia presentada por Ana Ulla Miguel, doutora en Astrofísica e profesora de Física Aplicada da Universidade de Vigo, Jimeno Doñaque explicará como a biodiversidade mariña é unha fonte de recursos para loitar contra a enfermidade na que se están a desenvolver importantes liñas de investigación.
Unhas desenvólvense a partires da resposta que algunas especies animais e vexetais presentan fronte a presencia de virus, enfermidades e traumatismos. E outras diante das difíciles condicións nas que desenvolven a súa actividade algunhas especies que viven nas profundidades abisais.
Precisamente unha empresa de orixe galega e cunha gran proxección internacional, Zeltia, e máis concretamente a súa división PharmaMar, está a traballar na experimentación de moléculas mariñas como posibles principios de medicamentos no tratamento do cancro.
José María Jimeno Doñaque, doutor en Medicina pola Universidade de Zaragoza, iniciou a súa carreira profesional na industria farmacéutica e ten desempeñado postos relevantes na área de investigación e desenvolvemento en Farmitalia Carlo Erba, de Italia, e no US Bioscience, de Reino Unido.
Dende 1994 ocupa o cargo de vicepresidente científico e responsable do departamento de desenvolvemento científico de PharmaMar, cuxa páxina web é www.pharmamar.com
Conta ademáis cun centenar de publicacións sobre investigación do cancreo, posúe o certificado Europeo de Médico Oncólogo (Copenhague, 1990) e está plenamente involucrado no desenvolvemento de YondelisR (ET-743), Aplidin y Kahalalido F: 3, compostos mariños activos para aplicar no tratamento de pacientes con cancro avanzado.
Por outra banda, o mércores 1 de xuño terá lugar unha mesa redonda baixo otítulo “O deporte épico no mar”, na que participarán o director de navegación da Volvo Ocean Race, Jeremy Troughton e o navegante e periodista Alejandro Alonso Estévez.
Nesta sesión, que terá lugar no salón de actos da Aula Sociocultural da FundaciónCaixa Galicia e será presentada polo redactor xefe de Faro de Vigo, a saída dende o porto de Vigo da Volvo Ocesan Race servirá como punto de partida para abordar as xestas máis épicas dos navegantes deportivos.
Departamento de Cultura
Concello de Vigo
Concello de Vigo