Prado destaca a importancia do pequeno comercio, no que traballan máis de 100.000 persoas na comunidade
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/federación_comercio.jpg)
Na súa intervención, Prado lembrou que o obxectivo da consellería é lograr unha coordinación total no ámbito da formación, entendida esta como unha necesidade permanente. Neste eido, a Xunta de Galicia ten asinado un acordo con tódolos axentes sociais (sindicatos e representantes empresariais) para a xestión por parte da Comunidade Autónoma da totalidade dos fondos de formación continua.
A titular de Emprego salientou o esforzo que o seu departamento realizou este ano na área de formación de traballadores ocupados, dotando á convocatoria correspondente dun orzamento extraordinario para integrar os contratos-programa para formación de traballadores en activo de carácter sectorial. Deste xeito superábanse os obstáculos da normativa estatal, que tan só prevía a xestión por parte das Comunidades Autónomas de actuacións de carácter intersectorial.
CONTIDO DO ESTUDIO
O estudio realiza unha primeira análise económica da situación do sector do comercio ao por menor en Galicia para, posteriormente, establecer as potencialidades e as debilidades do sector. Ademais, o traballo promovido pola Federación Galega de Comercio, se centra en mostrar as necesidades de formación dos seus traballadores e traballadoras, para afrontar os posibles fallos e optimizar todo o seu potencial.
Gabinete de Comunicación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia