A AETG presentou en A Coruña o programa para a formación para profesionais da sociedade da información
![](http://www.galiciadigital.com/images/notas/fotos/reunion_forintel.jpg)
Por outra parte, a AETG promove o Encontro do Sector das Telecomunicacións ó que asisten o Director Xeral para o Desenvolvemento da Información do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o Director Xeral de Tecnoloxía e Desenvolvemento Sectorial da Consellería de Industria, o Director Xeral de Comunicación e Audiovisual da Consellería de cultura e altos directivos das máis destacadas empresas do sector das Telecomunicacións. Un diálogo aberto sobre o estado do sector das telecomunicacións en Galicia, os planes da administración central e autonómica e as opinións das empresas galegas tecnolóxicas máis importantes da nosa Comunidade centran este encontro profesional. Asemade, trataranse temas relacionados coas competencias do Sr. D. Rafael Sagrario Durán respecto ó impulso e desenvolvemento da Sociedade da información en todos os sectores, con maior incidencia, en como afectan estes plans no desenvolvemento nesta materia de Galicia. En Galicia os profesionais das Telecomunicación supoñen case un 10% do total dos profesionais deste sector en España. Asemade, na nosa comunidade, contamos con empresas moi importantes e con peso dentro do sector. Así, este tipo de encontros, organizados regularmente dende a Asociación de Enxeñeiros de Galicia, responden ó obxectivo de crear vínculos e detectar ás necesidades tanto das empresas tecnolóxicas como dos propios profesionais, coa finalidade de impulsar o sector das TIC na nosa Comunidade. En Santiago de Compostela, este encontro que reúne a profesionais das Telecomunicacións, a directivos das empresas máis relevantes do sector en Galicia e a representantes do Goberno Central e Autonómico, é outras das iniciativas da AETG coa que se pon de manifesto a preocupación do sector porque Galicia non se quede atrás no desenvolvemento da Sociedade da Información.
Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia