A USC e a Fundación Vodafone España desenvolverán conxuntamente proxectos de formación e difusión vinculados coas TIC
Ademais, e segundo o documento asinado esta mañá, a Fundación Vodafone España asume o compromiso de patrocinar o funcionamento do sistema de novos servizos á comunidade universitaria baseados en mensaxería SMS mediante o financiamento dunha bolsa para o desenvolvemento das aplicacións correspondentes.
Para o desenvolvemento deste marco xeral de colaboración se explorarán as posibilidades de formación de expertos da USC nas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC) relacionadas coa saúde e as discapacidades. Ademais, se avaliará o desenvolvemento de seminarios e xornadas de difusión do coñecemento en materias relacionadas coas TIC tanto nos seus aspectos tecnolóxicos como éticos. Neste senso, está prevista a celebración durante o primeiro semestre de 2005 dun primeiro seminario en Santiago, en colaboración co Centro de Estudos Avanzados, sobre Ciencia, Cultura e Tecnoloxía.
A colaboración estenderase tamén ás accións de promoción e incentivación das actividades de voluntariado desenvolvidas dende a USC mediante o emprego de tecnoloxías móbiles e á exploración doutros estudos e traballos que fagan uso destas tecnoloxías no marco de proxectos de investigación, desenvolvemento ou innovación no seo da institución académica compostelá.
Para o seguemento e desenvolvemento deste convenio, constitúese unha Comisión de Seguemento que terá como representantes da USC ao director xeral da Área de Tecnoloxías da Información e as Comunicación, Javier Franco, e ao secretario xeral adxunto da USC, Carlos Gómez Otero, e por parte da Fundación Vodafone ao seu director técnico, Rafael Lamas Cedrón, e ao director rexional, Secundino Mauriz Aguado.
O convenio ten unha vixencia inicial de un ano dende a sinatura, prorrogándose automaticamente por períodos adicionais da mesma duración.

Gabinete de Comunicación USC