A Xunta considera totalmente insuficiente a asignación do primeiro tramo do fondo covid porque penaliza a Galicia
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/economia-porcentaxe.jpg)
No reparto de fondos Covid que o Goberno realizou en marzo a poboación protexida tiña un peso do 80%. Pola contra, neste primeiro tramo ese peso redúcese a menos da metade, o 35%, e isto obviamente prexudica a Galicia porque reduce o peso da dispersión poboacional ou do avellentamento, que son factores claves para determinar o gasto sanitario.
Ignórase o gasto en residencias integradas e atención domiciliaria
Ademais, no reparto deste tramo o Goberno só ten en conta o gasto hospitalario e, polo tanto, ignora o gasto de atender a persoas nos seus fogares, o gasto nas residencias integradas ou o gasto que afrontou Galicia en atención primaria
Galicia lamenta tamén que este reparto non se decidise no Consello de Política Fiscal, que é o órgano de interlocución creado para abordar estas cuestións. En todo caso, a día de hoxe a Xunta de Galicia aínda non recibiu nin un euro dos 16.000 millóns.
R.