O IDEGA publica o seu informe anual sobre o estado da economía galega
“Os resultados confirman que en recesión a economía galega non cae tanto como a española, pero en períodos expansivos crece menos”, constata o informe. O escenario galego sufriu un cambio radical a partir de marzo de 2020. O Instituto Galego de Estatística (IGE) estimaba que 2020 finalizará cunha contracción do PIB do -9,7% e un crecemento en 2021 do 8%. Estas estimacións sitúanse na franxa máis elevada, fronte a outras nas que se espera unha caída máis forte en 2020 e unha recuperación non tan intensa en 2021.
A combinación dun réxime de confinamento estrito para frear a primeira vaga da pandemia pola COVID-19 e un modelo de crecemento excesivamente dependente do sector servizos, en particular turismo e hostalería, levaron a actividade a rexistrar unha histórica caída do PIB español do 17,8% no segundo trimestre, a maior da Unión Europea. A economía mundial creceu un 2,8% en 2019, terceiro ano consecutivo de desaceleración, nun exercicio marcado polas tensións xeopolíticas, friccións comerciais e perda de impulso nas economías avanzadas. A situación complicouse notablemente en 2020 ante a crise da COVID-19 e con respostas moi diversas, apunta o documento. Neste contexto, a economía española, cun avance do 2% en 2019, amosou por cuarto ano consecutivo unha desaceleración da actividade. A crise de 2020 puxo fin a un período de recuperación económica, o comprendido entre os anos 2014 e 2019.
Evolución da demanda e da oferta
Desde a perspectiva da demanda, todos os compoñentes da demanda interna tiveron en 2019 unha achega positiva ao PIB. En 2020 a caída da demanda interna foi notable, sendo moi intenso o descenso na formación bruta de capital e no gasto dos fogares e das ISFLSF. Desde o lado da oferta, a evolución en 2019 dos grandes sectores foi moi irregular e en 2020 a industria manufactureira foi, no segundo trimestre, o principal sector prexudicado pola crise sanitaria, descendendo o seu VEB un 29,6%. Tamén foron notables as caídas na construción (-19,6%) e nos servizos (-16%), que se amorteceron no terceiro trimestre. No sector primario foi onde menos se sentiron os efectos da crise.
Emprego
No mercado de traballo galego o crecemento sostido da ocupación de 2015 a 2019 non foi suficiente para a recuperación do emprego previo á crise de 2008. O ano 2020 comezou con 106.000 ocupados menos e 32.000 parados máis que en 2008. O inicio da pandemia acentuou a perda de poboación activa o que atenuou o impacto en termos de desemprego. A taxa de paro tivo un valor similar ao de 2019. Os datos de ocupación da EPA (e tamén os de afiliación á Seguridade Social) mostran un empeoramento do mercado laboral en 2020 moi inferior ao que correspondería tendo en conta o nivel de destrución de PIB. A taxa de variación interanual da ocupación do segundo trimestre de 2020 foi, segundo a EPA, do -4,4% fronte ao case -18% de variación no PIB. A clave para explicar todas estas diferenza son os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE). O inicio da pandemia acentúa a perda de poboación activa o que, xunto cos ERTE, atenúa o impacto da crise en termos de desemprego, mantendo a taxa de paro agregado galega nos tres primeiros trimestres de 2020 valores similares aos de 2019.
Sector agrario
En 2019, a dinámica do sector agrario galego caracterizouse por un forte crecemento dos volumes de produción, pero especialmente nas ramas gandeiras. Pero a deterioración dos prezos provocou que a renda permanecese estancada. Ao mesmo tempo continuou a redución da man de obra no sector, o que posibilitou unha mellora da renda por ocupado próxima ao 5%, en liña coas tendencias das tres últimas décadas. Ao igual que sucedeu na Unión Europea e en España, tamén en Galicia as ramas que integran o complexo agroalimentario foron das menos afectadas en 2020 pola crise económica derivada da pandemia. Porén, o afundimento das vendas na hostalería e restauración orixinou fortes cambios na estrutura do consumo alimentario, cun notable impacto en certas producións. Dúas ramas moi afectadas por este contexto foron o vacún de carne e o ovino e cabrún, que sufriron unha importante caída dos ingresos. Mentres que, no lado positivo, destaca o bo comportamento que seguiu mantendo o sector lácteo, que rexistrou unha forte expansión da produción (por encima do 4%) acompañada dunha estabilidade ou lixeira alza dos prezos. O resultado global é que, nun contexto de intensa recesión económica, o sector agrario pechou o ano cunha relativa estabilidade.
Mar
Nas actividades do mar, a pesca fresca desembarcada en Galicia en 2019 experimentou a maior caída en 15 anos, se ben o prezo medio alcanzado en primeira venda foi o máis alto. A produción de acuicultura foi de 268.132 toneladas, fronte ás 158.167 da pesca En 2020, o acordo do Brexit cedeu ao Reino Unido o 25% do valor medio das cotas en augas británicas. Nese ano a pesca galega experimentou perdas na facturación de arredor de 20 millóns de euros. A crise tamén provocou na acuicultura un descenso nas exportacións de mexillón fresco, que chegou a ser do 50% no mes de abril, e diminuíu a produción de ameixa e berberecho durante os meses de confinamento.
Industria
En 2019 o VEB da industria manufactureira foi similar ao de 2018, cun crecemento (0,6%) inferior ao dos outros macrosectores. A carencia de pedidos é o principal factor limitativo da actividade industrial nos últimos anos. Nun escenario convulso ante as noticias de peche de empresas estratéxicas para Galicia, os primeiros trimestres de 2020 reflicten unha severa caída na produción en case todas as divisións industriais. O incremento da automoción constitúe unha importante excepción. O novo marco financeiro plurianual da Unión Europea debería permitir deseñar unha política con maior incidencia na industria xa que aos tradicionais fondos estruturais hanse de engadir os NextGenerationEU. Ao marxe destes fondos, a maioría de organismos que inciden na política industrial galega tomaron medidas excepcionais en 2020 ante a pandemia.
Construción
A crise da COVID provocou en 2020 caídas do VEB no sector da construción galego cun aumento do paro, un descenso das afiliacións á Seguridade Social e un empeoramento nas expectativas empresariais. Nese ano, a oferta de vivenda, que caeu fortemente no conxunto de España, continuou crecendo en Galicia, se ben, en ambos casos, a pandemia provocou un derrube da demanda. O prezo medio da vivenda mantívose en Galicia en 2019 e baixou lixeiramente na primeira metade de 2020. No que respecta a obra pública, constátase unha tendencia contraria á do resto de España: esta diminuíu en 2019 mestres que subiu nos oito primeiros meses de 2020, con caída do gasto da administración central e forte alza do gasto autonómico.
Servizos
A senda de recuperación do sector servizos, que tivera un crecemento do VEB do 2,7% en 2019, truncouse bruscamente en 2020 mostrando unha traxectoria moi irregular ao longo de todo o exercicio. A hostalería, as actividades administrativas e servizos auxiliares, as artísticas, recreativas e de entretemento e o comercio foron as ramas máis danadas. Na distribución comercial, malia a utilización dos ERTE, a ocupación nos tres primeiros trimestres de 2020 caeu un 6,4%, en torno a 11 mil traballadores. No sector turístico, tras os o bos resultados de 2019 (máis de cinco millóns de viaxeiros e once millóns de estadías), produciuse nos dez primeiros meses de 2020 unha redución do 59% no número de viaxeiros e de máis do 55% no de estadías. Coa pandemia tamén se desaceleraron as matriculacións de vehículos en Galicia e os aeroportos galegos tiveron un comportamento moi negativo.
Comercio exterior
O comercio exterior galego non foi alleo a situación económica xeral. En consonancia coa traxectoria do comercio mundial, nos oito primeiros meses de 2020 baixaron tanto o valor das exportacións (-13,5%) como o das importacións (-21,2%). Os principais grupos arancelarios víronse afectados por este descenso, excepto os produtos alimentarios e as exportacións de automoción. Por outra banda, despois de recibir en 2019 unha cifra récord de investimento estranxeiro directo (723 millóns de euros), no primeiro semestre de 2020 a contía redúcese a 25,8 millóns de euros. Pola contra, o investimento estranxeiro emitido por Galicia no primeiro semestre de 2020 foi de 1.725,5 millóns de euros. As actividades inmobiliarias e o comercio polo miúdo seguen concentrando os investimentos galegos no exterior tanto en 2019 como en 2020.
Sistema financeiro
O sistema financeiro galego experimentou en 2019 unha redución do 9,1% na rede de oficinas (finalizando o ano con 1.355 sucursais) e un crecemento do negocio do 3%. A irrupción da crise sanitaria da COVID-19 está a actuar como factor acelerador do proceso de axuste de capacidade, dado o substancial impacto que tivo en termos de caída da actividade económica e impulso ao proceso de dixitalización da sociedade, incorporando presión adicional aos xa baixos niveis de rendibilidade do sistema financeiro. Pola súa banda, o sector asegurador acentuou en 2020 a caída que xa experimentara en 2019.

R.