Galicia, aínda lonxe de recuperar o volume de exportacións anterior á pandemia
Na abordaxe dos datos por sectores, desde o Foro Económico de Galicia destacan que “resulta especialmente destacable a evolución do sector téxtil: despois de meses de caída, rexistra unha taxa de variación interanual positiva do 9,5%. Con este novo dato, e dado o seu peso no conxunto das exportacións, o téxtil pasa a ser o segundo sector de maior contribución ao crecemento total do comercio exterior no mes de decembro”. O primeiro, detallan, “segue a ser a automoción, auténtico tractor das exportacións galegas nestes momentos”.
“O sector agroalimentario, outro dos eixos estratéxicos, segue dando mostras de estabilidade, cunha taxa de crecemento interanual do 3%. Mantense en niveis lixeiramente superiores aos previos á pandemia”, engaden os expertos do foro na súa análise. Tamén a metalurxia, indican, “consolida os seus avances rexistrados nos meses anteriores. Cun incremento anual do 8,2% no mes de decembro, é o terceiro sector que máis se achega aos niveis previos á pandemia”. Respecto á madeira e derivados, o Baexga apunta que amosan taxas positivas por segundo mes consecutivo (13,4%). “Este incremento débese ás vendas de madeira e as manufacturas que parecen estar a impulsar a recuperación do sector no seu conxunto”, afirman. Na outra cara da moeda, explican desde o Foro Económico de Galicia, “están os sectores dos combustibles e de bens de equipo, cunha caída interanual no mes de decembro do 48,4% e dun 10,3% respectivamente. Con respecto aos niveis anuais previos á pandemia o sector do combustible caeu case un 50% e o de bens de equipo un 25%”.
O Baexga forma parte das actividades do Foro Económico de Galicia, unha plataforma de transferencia de coñecemento das universidades e empresas galegas á sociedade. Está integrada por profesorado das tres universidades galegas, empresarios e directivos de referencia e xornalistas especializados en divulgación económica, agrupando a un total de máis de 60 persoas “referentes para a análise e confección de propostas para a economía galega”.

R.