Presentada a nova edición dos Trens Turísticos de Galicia, que contan con dúas novas rutas
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/trens_turisticos_2.jpg)
Nava Castro avanzou que nos meses de setembro e outubro hai programadas 37 saídas, con novos roteiros, melloras e novidades que amplían máis aló do verán o éxito desta experiencia que cumpre xa sete edicións. Así mesmo, indicou que xa se venderon un 26% de toda a oferta de prazas de trens turísticos desta edición, o que significaría que contando só a oferta de prazas do mes de xuño sería case do 75 %.
Os Trens Turísticos de Galicia conseguiron unha ocupación de case o 100% na edición anterior entre os meses de xuño e agosto, o que mostra a súa consolidación como un dos produtos turísticos máis demandados polos galegos e visitantes. Neste sentido, a directora de Turismo de Galicia avanzou que este ano se amplían o número de prazas así como dous novos roteiros, a das Mariñas e o roteiro de Queixos de Galicia
Como sinalou Nava Castro, a pesar de que a tempada estival é importante para o turismo, trátase dunha actividade que, no modelo sostible galego, aspira a ser relevante en calquera época. Nesa liña, destacou que profundar na desestacionalización da demanda é un dos obxectivos da estratexia por parte da Xunta de Galicia e que se está logrando grazas a iniciativas tan interesantes como esta.
R.