Máis de 700 empresas, institucións e axentes sociais súmanse á Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde
A USC súmase á colaboración público-privada que pretende converter a Galicia nun referente internacional do hidróxeno verde a través da Alianza Industrial Galega do Hidróxeno Verde, da que forman parte máis de 700 empresas, institucións e axentes sociais. A iniciativa pretende que esta fonte de enerxía limpa se converta nunha oportunidade estratéxica para a industria produtora, pero tamén para outros sectores como o transporte ou a loxística.
Na presentación, á que asistiu o vicerreitor de Política Científica da USC, Vicente Pérez Muñuzuri, afondouse nos obxectivos polos que se creou esta Alianza coa que Galicia aspira a liderar a produción de hidróxeno verde. O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, fixo fincapé na importancia da colaboración público-privada para afrontar un reto de grandes proporcións, pero tamén unha oportunidade para Galicia, a segunda Comunidade que xera máis enerxía eléctrica a partir de fontes renovables e que ademais conta cunha ampla dispoñibilidade de recursos hídricos.
Ao encontro asistiron representantes das empresas que cobren toda a cadea de valor que integra a Asociación Galega de Hidróxeno (AGH2), así como das universidades galegas, institucións e axentes sociais. Ademais de tentar a produción de hidróxeno verde, a Alianza actuará sobre cinco eixes: deseñar a posta en marcha de ferramentas e instrumentos de apoio específicos para o desenvolvemento do sector industrial do hidróxeno, identificar as oportunidades, promover a formación especializada nas empresas, fomentar a investigación e o desenvolvemento de solucións innovadoras para a industria en torno ao hidróxeno verde e impulsar a necesidade de establecer a infraestrutura necesaria para a execución do corredor atlántico do hidróxeno co hidroduto Galicia-Norte de Portugal e a conexión de Galicia coa Meseta (Guitiriz-Zamora), e con Europa.

R.