Galicia rexeita a proposta inicial do Goberno sobre os traspasos da xestión do litoral porque limita a súa capacidade para outorgar concesións
Unha semana despois de que o Ministerio de Política Territorial enviase un borrador de acordo para o traspaso, o Consello tomou razón esta mañá dun informe no cal, entre outras cuestións, se fai unha análise e unha valoración detalladas do documento, chegando á conclusión de que a Xunta non pode aceptar unha proposta que ignora o novo escenario aberto tras a aprobación da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia (Loxilga) e a sentenza do Tribunal Constitucional que avalou en abril a súa lexitimidade.
Ademais de rexeitar a propia forma do acordo, xa que se trata dun borrador tipo de carácter xurídico, os principais puntos de discrepancia están no seu contido. Concretamente, tal e como explicou Rueda, “o Estado propón reservar para si a xestión dalgúns títulos de ocupación”, sen especificar cales, a pesar de que esta é unha facultade “exclusiva” da Comunidade galega, que ten as competencias en materia de ordenación do territorio.
Así mesmo, no borrador de acordo remitido proponse “a exixencia dun informe vinculante do Estado cada vez que a Xunta pretenda outorgar unha concesión para obras ou instalacións non desmontables no dominio público marítimo-terrestre (DPMT)”, requisito que suporía unha clara inxerencia estatal sobre as competencias autonómicas.
Polo exposto e tendo en conta que o documento tampouco “concreta os medios ou o persoal que se transferiría a Galicia nin o financiamento correspondente”, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático responderá hoxe mesmo ao Ministerio que non acepta o borrador de acordo do traspaso en materia de ordenación e xestión do litoral.
Cómpre lembrar que esta proposta chega case seis meses despois da sentenza do TC que lle deu a razón a Galicia e permitiu desbloquear a aplicación práctica da Loxilga tras o recurso interposto polo Goberno central. Neste sentido, negociar a transferencia das funcións e servizos de que actualmente dispón o Ministerio para xestionar a costa galega é un paso fundamental para poder seguir co desenvolvemento da lei. “Reclamamos para Galicia o que a Galicia lle corresponde”, salientou Rueda.
De feito, en canto reciba o traspaso formal dos medios necesarios para asumir directamente todas as súas competencias neste eido, a Xunta ten o compromiso de comezar a traballar de inmediato na emisión dos primeiros informes e títulos relacionados coa xestión do litoral, co horizonte posto en xaneiro de 2025.
Constitución da Comisión interdepartamental
O borrador de acordo remitido polo Goberno central foi un dos puntos que centraron o día 9 de outubro a reunión constitutiva da Comisión interdepartamental de coordinación da ordenación do litoral, encargado de dirixir e impulsar a aplicación da Loxilga.
Esta comisión interdepartamental será agora a encargada de supervisar a elaboración, aplicación e seguimento dos diferentes instrumentos de ordenación en que se apoia a lei para garantir o cumprimento do seu principal obxectivo: xestionar de forma integrada e en clave galega as actividades humanas no litoral para garantir o aproveitamento sustentable dos seus recursos e a conservación dos ecosistemas costeiros.
Neste sentido, os membros da comisión—presidida pola conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático e da que forman parte tamén as consellerías de Presidencia, Xustiza e Deportes; de Cultura, Lingua e Xuventude, e do Mar— asumiron o compromiso de traballar na constitución do Foro do Litoral que, como recolle a propia lei, será o máximo órgano colexiado de participación, consulta e asesoramento en ordenación da franxa costeira.
O obxectivo é construír un espazo en que estean presentes, xunto á Administración galega, as universidades, organismos científicos, organizacións dos sectores produtivos, entidades ambientais e outras dedicadas á defensa e protección do patrimonio cultural.
Tamén se acordou empezar a elaborar as Directrices de ordenación do litoral (DOL), un dos instrumentos previstos na Loxilga e que será o marco xeral de referencia para a elaboración dos restantes instrumentos de ordenación do litoral e para a formulación e execución das distintas políticas sectoriais sobre o litoral.
Pioneira en regular a costa en toda a súa extensión
Coa aprobación da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral, Galicia converteuse na primeira comunidade española en regular a través dunha normativa propia e integral a franxa costeira en toda a súa extensión, é dicir, tanto mar a fóra como terra a dentro. De feito, a través dela a Xunta xestionará 1.600.000 hectáreas terrestres e marítimas.
Partindo da consideración da costa desde unha tripla perspectiva (social, ambiental e económica), a lei establece unha nova zonificación desta franxa, con tres grandes áreas diferenciadas en función do seu estado de conservación e necesidades particulares, ao tempo que concreta os usos permitidos e prohibidos no litoral.
Neste sentido, ofrece tamén un marco de seguridade xurídica ao complexo mar-industria, no cal traballan arredor de 40.000 persoas e que xera uns 9.000 millóns de euros anuais, preto do 5 % do PIB galego.
A normativa tamén delimita as actuacións e usos estratéxicos que permitirán o asentamento e ocupación da costa a través das autorizacións pertinentes. En definitiva, con ela Galicia dará un paso decisivo para poder asumir, á fin, as competencias plenas e efectivas que lle atribúe o seu Estatuto de autonomía sobre a xestión do DPMT, un proceso iniciado hai case 40 anos.

R.