La Fundación Cel-Iniciativas por Lugo y Galicia Digital firman un convenio por el que 100 empresas lucenses podrán incorporarse a internet y promocionarse a nivel mundial
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/convenio_fcel_interdix_1.jpg)
Este convenio permitirá que 100 pymes lucenses puedan acceder a una página de internet desembolsando unicamente el 50% de su importe. Interdix Galicia ofrece, además, un innovador sistema de confección de páginas web que puede ser utilizado de una forma muy sencilla por los interesados en disponer y mantener directamente una página en internet.
Las empresas que participen en la campaña recibirán formación y asesoramiento de la S.I.T.E. para solventar dudas y ayudar a que estas cien empresas lucenses se incorporen a la Red con un coste mínimo.
Nota de prensa remitida por Galiciadigital.com:
En Lugo, na S.I.T.E. ( Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial da Fundación Cel), ven de asinarse un convenio entre a Fundación Cel-Iniciativas por Lugo e Interdix Galicia, S.L., empresa titular da plataforma en Internet .
O Convenio, asinado por Guillermo Sánchez Vilariño, Presidente da Fundación, e Carlos Rodríguez Arias, Administrador de Interdix Galicia, establece que 100 pemes lucenses poderán intervir na confección e mantemento das súas webs, entrando nunha nova dimensión de utilización da Rede.
Como puxo de manifesto o Presidente da Fundación Cel, o convenio establece que o custo para cada empresa que se acolla ós seus beneficios será dun 50% do que supón no mercado a confección dunha páxina básica para presencia en Internet, o que permitirá que calquera pyme lucense teña un escaparate aberto hacia todo o mundo, e unha presencia viva na Rede, con páxinas abertas de fácil crecemento, desde unha páxina presencial ata unha pasarela de pago para comercio electrónico.
Por outra parte, subliñou o Director de Galicia Dixital, Xulio Xiz, o Convenio ten unha especial virtude engadida que se obtén gracias ó novedoso sistema creado por esta Plataforma para a confección de páxinas web, e ó labor informativo e formativo da S.I.T.E.: Os empresarios que se acollan ó Convenio, aínda que non teñan coñecementos de informática, poderán participar -xunto cos técnicos da Fundación– na confección e mantemento das súas páxinas, co que a súa participación en Internet será plenamente activa sen máis límites que a súa disposición para o avance no dominio de Internet.
As empresas que participen na campaña recibirán formación e asesoramento da S.I.T.E. para solventar dudas e colaborar na consecución dos ambiciosos obxectivos deste Convenio.
R.