El presidente de la Xunta garantiza que las medidas anticrisis del Gobierno central inyectarán más de 10.000 millones de euros a Galicia
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/parlamento_banco_de_pie.jpg)
En cuanto a política social, incidió en la "potente apuesta" por la protección social que se realiza en momentos de dificultad económica y recordó que el vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana, consiguió una financiación adicional de 100 millones de euros para dependencia tras reunirse con la ministra del ramo.
Por su parte, el portavoz parlamentario del BNG, Carlos Aymerich, aplaudió la inyección de recursos por parte del Gobierno central, aunque reclamó que Galicia "tenga mayor protagonismo" en la postura de España ante la Política Agraria Común (PAC) y, sobre todo, en la negociación de la cuota láctea. Además, solicitó que la construcción naval civil vuelva a Ferrol "ahora que se archivó el expediente abierto" por la Comisión Europea tras "las ayudas ilegales otorgadas por gobiernos del PP".
En su turno, el líder del PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, reclamó a Touriño que retire el plan de contratación de 2.000 parados, que calificó como "programa de limpieza electoral de cunetas", y destine los 18,7 millones de euros previstos para este fin a ayudar al sector primario. En este sentido, aseguró que 100.000 gallegos están "desesperanzados" porque "no forman parte del plan anticrisis" de la Xunta y acusó al máximo mandatario gallego de "olvidarse" del sector agrario. "No va con usted", sentenció el presidente de los 'populares' gallegos. Además, incidió en el "electoralismo" del plan de contratación, puesto que destina casi 20 millones de euros a 2.000 empleos; mientras que el diseñado para el sector de la automoción prevé 10 millones de euros para salvar 20.000 trabajos.
Al respecto, Touriño criticó las "dosis de demagogia" de Feijóo tras replicar que el citado plan forma parte de las medidas puestas en marcha por el Gobierno gallego desde enero. Asimismo, recordó un chiste de Miguel Gila en el que pregunta si "se puede aplazar la guerra" porque, en este caso, "vienen las elecciones". "Yo estoy en guerra contra la crisis", sentenció, y criticó que Feijóo se "autoexcluye" al situarse "al lado del oportunismo". Así, recordó que la reunión de la automoción estaba compuesta por líderes regionales "de distinto color político" y todos destacaron lo "positivo" del encuentro. Frente a ello, criticó que el líder de la oposición en Galicia no haga lo mismo y entendió que pretende "ocultar su incapacidad para presentar alternativas". De este modo, le calificó como "el que es tan tramposo que hace trampas al solitario".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño destacou que as medidas de dinamización económica adoptadas polo Goberno central para paliar a crise suporán para Galicia “unha inxección de recursos moi importante” lixeiramente superior aos 10.000 millóns de euros.
Así o manifestou na sesión de control ao Goberno galego, onde expuxo as principais iniciativas políticas aprobadas ata o de agora polo Goberno de España para solventar a actual situación de dificultade económica, e o seu grao de incidencia en Galicia.
O mandatario galego explicou que se trata de medidas de carácter horizontal e transversal que afectan a diversos ámbitos da economía, principalmente de apoio ás empresas e ao financiamento para o mantemento da actividade económica nunha situación de crise, cando a principal variable prexudicada é o emprego e, en definitiva, os traballadores e traballadoras con risco de paro.
Así, concretou que as medidas de política fiscal que teñen para o conxunto de España un efecto calculado de 15.000 millóns de euros, o que é “alivio fiscal”, dixo, para Galicia se traducen en 915 millóns de euros.
No ámbito estritamente financeiro, proseguiu, o Estado prevé unha inxección máxima de 150.000 millóns de euros, dos que en función do volume de crédito e depósito que teñen as nosas entidades e empresas suporía para a nosa comunidade uns 6.000 millóns de euros.
O presidente da Xunta, referiuse tamén ás medidas tomadas desde o ICO por valor de 50.000 millóns de euros dos que Galicia debería beneficiarse de 3.000 millóns de euros.
En canto ás medidas de apoio á vivenda, tamén desde o propio ICO, Pérez Touriño explicou que en Galicia deberían significar no contorno dos 150 millóns de euros.
“É un cálculo rigoroso, razoable e á baixa no entorno do 5 por cento de participación e de efecto indirecto das medidas que se están a tomar”, resaltou o presidente.
O xefe do Executivo remarcou, non obstante, que “o máis importante” se sitúa no esforzo por manter “os piares da rede social, da rede de servizos sociais, do sistema de benestar social”, que teñen que ver coa atención á dependencia, con medidas como a Educación Infantil, o incremento das pensións e, en particular das pensións mínimas, e cunha potente aposta pola protección social e a extensión de cobertura da rede social xustamente en momentos de dificultade económica, admitiu.
A este respecto, o presidente engadiu que Galicia contará cun financiamento adicional para dependencia de 100 millóns de euros (20 para este ano e 80 para o 2009); recordou que estamos a piques de firmar o convenio en Educación Infantil polo que a nosa comunidade vai ter unha achega adicional para estender a Educación Infantil de 0 a 3 anos de 7 millóns de euros, e apuntou que, a vindeira sinatura dun convenio en materia de vivenda co Estado suporá un financiamento e un compromiso concertado e solidario por parte do Goberno de España e das políticas activas que vén desenvolvendo tamén a Xunta.
“Desta crise só se sae desde a concertación, desde a unidade e na búsqueda de remar e traballar xuntos na mesma dirección, de maneira proactiva e sabendo que un piar fundamental desta saída da crise é a protección das familias, dos traballadores e dos colectivos que poidan ter maiores dificultades”, insistiu o mandatario galego.
Na súa intervención o presidente da Xunta desglosou algunhas das medidas concretas que ten posto en marcha o Goberno central, de carácter financeiro para aumentar a liquidez tanto de empresas como de familias, para restaurar a confianza e lograr que o crédito chegue aos empresarios, traballadores e familias.
Nesta liña, enunciou como dúas medidas complementarias ás que se teñen tomado no ámbito da UE, a creación dun fondo para a adquisición de activos financeiros por valor de 30.000 millóns de euros ampliable a 50.000 millóns de euros. Segundo explicou, isto se ten traducido en dous decretos leis, o segundo dos cales fai referencia á autorización ao Estado para a concesión temporal de avais, para permitir o acceso ao crédito por un importe máximo de 100.000 millóns de euros.
“Son medidas que van ao fondo do problema, de inxección de recursos por un máximo de 150.000 millóns de euros”, asegurou o presidente.
Dentro destas iniciativas dirixidas a mellorar a liquidez das empresas, Touriño indicou que dentro da actuación do ICO, que cualificou de “moi potente”, posto que destina 40.000 millóns de euros para o ano que vén, hai medidas en dirección ás pemes, aos autónomos e en concreto 10.000 millóns de euros para actuar directamente en préstamos a circulante.
No ámbito das axudas ás familias, destacou a moratoria temporal parcial no pago de hipotecas e lembrou que en Galicia hai unhas 215.000 familias suxeitas a este préstamo, menos do 22 por cento do total de España, que rexistra un 28 por cento.
Tamén, aludiu ás Contas de Aforro Vivenda, das que lembrou que disporán dun prazo ata decembro de 2010 para levar a cabo a compra do inmoble; ás medidas de rebaixa das retencións en IRPF en dirección á dedución por adquisición de vivenda habitual e, noutro ámbito, ás iniciativas tomadas no campo das medidas laborais, destinadas a incentivar o emprego e axudar aos desempregados.
R.