A USC e Mercadona colaborarán no desenvolvemento de investigacións en seguridade alimentaria e trazabilidade de produtos de pesca e os seus derivados
A colaboración en actividades de investigación científica, desenvolvemento tecnolóxico e avaliación da calidade no eido da seguridade alimentaria, en particular a relativa aos produtos da pesca e os seus derivados, é o obxecto do convenio marco que asinaron en San Xerome o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, e o director de Recursos Humanos e Relacións Externas de Galicia de Mercadona S.A., Fernando Robla Miranda. Ao acto asistiron ademais o xerente de Relacións Externas de Mercadona, Salvador Evangelista, o director de Calidade, Luis Pla Carceller, e o técnico de Calidade Casildo León.
En virtude do acordo, dunha vixencia de tres anos, Mercadona apoiará proxectos e programas de investigación e innovación tecnolóxica desenvolvidos nos centros e institutos da Universidade de Santiago e colaborará coa institución na posta en marcha de programas de formación de persoal, con especial atención ao de Mercadona, en materias relativas ao control e seguridade alimentaria dos produtos derivados da pesca e a acuicultura, entre outras actividades.
Tamén no mesmo acto asinaron outro convenio específico para o desenvolvemento e a formación de persoal investigador no marco da liña de traballo ‘Optimización dos procesos de trazabilidade relativa á identificación e cuantificación de especies mariñas de interese comercial mediante técnicas de PCR’, técnicas de análise de ADN. O obxectivo de investigar a trazabilidade das especies, que nun principio se centrará nos túnidos e logo se estenderá ao resto das especies que comercializa Mercadona, é o de demostrar desde o orixe da cadena alimentaria “que o que se vende é en realidade o que se ofrece e así evitar o intrusismo que pode xerar perdas ao sector”, segundo explicou Luis Pla.
Nesta investigación vén xa traballando a USC a través do grupo que dirixe o profesor Manuel Rey Méndez, do Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Facultade de Bioloxía da institución docente compostelá, en colaboración con Ricardo Pérez Martín, do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC, responsables do proxecto. Deste xeito, e para o mellor desenvolvemento desta liña de traballo, Mercadona cofinanciará a formación de dous investigadores neste campo, para o que aportará 24.000,00 euros.
Captación de recursos no sector:
O convenio refírese á colaboración nun sector no que a Universidade de Santiago xestionou no período 2000-04 preto de dez millóns de euros, dos que 5,5 millóns proceden de contratos e proxectos de investigación desenvolvidos no programa de tecnoloxías de seguridade alimentaria e 3,7 millóns no de recursos mariños e acicultura.

Gabinete de Comunicación USC