A UVigo reúne nun encontro internacional sete especialistas mundiais en nanociencia
“Este é xa un evento consolidado de gran valor para os asistentes, en gran parte polo seu formato distendido que favorece que o ambiente sexa relaxado e aberto a conversacións e discusións sen as barreiras habituais dos congresos”, explicou na apertura do encontro o profesor Liz-Marzán. Acompañouno o director do CINBIO, Miguel Correa, quen puxo en valor a celebración desta xuntanza na cidade de Vigo, por tratarse dunha “oportunidade única para o persoal investigador de discutir a ciencia dende un punto de vista aberto con especialistas do máis alto nivel en nanociencia”.
Abren o encontro representantes de UK, EEUU, Alemaña e Bélxica
Nesta edición, conforman o panel de relatores un total de sete expertos e expertas nos eidos da nanociencia, a nanomedicina e a nanoquímica. O primeiro en participar foi Mathias Brust, da Universidade de Liverpool, cunha charla sobre o ouro coloidal e, ao longo da tarde, contarase tamén coa participación de Joerg Lahann, da Universidade de Michigan, que falará sobre nanofibras poliméricas temperadas; Thomas Hellweg, da Universidade de Bielefeld, en Alemaña, sobre microxeles intelixentes, e da investigadora belga Sara Bals, profesora da Universidade de Antwerp, especialista na aplicación e desenvolvemento da tomografía electrónica para materiais nanoestruturados avanzados, que impartirá a charla Construir unha carreira académica mentras loitas contra o ‘síndrome do impostor’ e o mito da ‘nena afortunada’.
Tamén se contará coa participación da investigadora de posdoutoramento da Universidade de Vigo Carmen Hervés, gañadora do concurso Be innovative do CINBIO, que terá a oportunidade de presentar o seu proxecto de investigación sobre nanomaterias híbridos Au-CeO2 neste evento .
A clausura será mañá pola tarde coa participación do reitor
O encontro continuará mañá xoves pola tarde coa participación dalgún dos expertos xa clásicos desta cita internacional, entre eles o propio director, Luis Liz-Marzán, que será o encargado de pechar esta terceira edición cun relatorio titulado Un camiño tortuoso desde o Lugo rural ata The Thinking Institute. Previamente, Nicholas Kotov, da Universidade de Michigan e, desde 2023, doutor honoris causa da Universidade de Vigo, impartirá o relatorio Glamour, dores e froitos inesperados das start-up: a perspectiva dun científico emigrado.
Xunto a eles participará tamén a física mexicana Mónica Olvera de la Cruz, da Universidade de Northwestern, centro privado estadounidense da cidade de Evanston, en Illinois, desde onde traballa no desenvolvemento de materiais similares á vida, entre eles robots brandos que poderían utilizarse para eliminar tóxicos ou envialos no torrente sanguíneo para facer cirurxía. Por parte do CINBIO, contarase coa participación da investigadora e líder do grupo CellCOM María Mayán cunha ponencia arredor dos novos retos nas terapias contra o cancro.
A clausura do encontro, prevista para as 17.30 horas, contará coa participación do reitor, Manuel Reigosa.

Universidade de Vigo (UVigo)