O CIM únese a unha rede de servizos de investigación europeos destinados a abordar o cambio climático
O proxecto, Iniciativa de Servicios de Infraestructura de Investigación Integrada para Riesgos del Cambio Climático (Iriscc) celebrou esta semana a súa xuntanza de lanzamento na cidade finesa de Helsinki, coa participación do investigador do CIM Pablo Serret.
O proxecto, que conta cun orzamento de máis de 14,5 millóns de euros do programa Horizonte Europa, está deseñado para comprender, abordar e mitigar os riscos do cambio climático en Europa e ademais permitirá fomentar a investigación interdisciplinaria sobre os múltiples riscos relacionados co cambio climático para apoiar a formulación de políticas e a toma de decisións baseadas en evidencias e mellorar a resiliencia de Europa.
80 beneficiarios e entidades afiliadas de 21 países europeos
O cambio climático expón riscos para todo tipo de ecosistemas, que non están distribuídos de maneira uniforme. A UE é consciente da necesidade de datos precisos e oportunos sobre os riscos e perdas relacionados con este desafío para poder tomar medidas ambiciosas e, neste contexto xurde o Iriscc. Artellado como unha rede de redes, participan 80 beneficiarios e entidades afiliadas de 21 países, representando a 14 infraestruturas de investigación europeas complementarias e a máis de 80 provedores de servizos nacionais de infraestruturas de investigación.
O CIM forma parte do proxecto a través da Ecimat, como parte da infraestrutura de investigación europea EMBRC-ERIC (European Marine Biological Resource Centre). Concretamente, os investigadores Pablo Serret, Cristina Sobrino e María Aranguren traballarán nunha compilación de servizos que permita avaliar o risco sobre a biodiversidade e o funcionamento dos ecosistemas mariños causado pola acidificación, o quecemento e a desosixenación dos océanos. Así mesmo, tanto a Ecimat como investigadores e investigadoras do CIM ofrecerán os seus servizos para a realización de traballos colaborativos sobre os riscos do cambio climático e a súa mitigación a través de accesos transnacionais.
Como detalla o profesor Pablo Serret, do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal, "o enfoque explicitamente integrador, e inter e transdisciplinar proporciona excelentes oportunidades de networking para o CIM e para o seu persoal investigador nun tema da máxima prioridade científica e de xestión. Todo iso abre moi boas oportunidades de expandir as fronteiras da ciencia que facemos no CIM, así como a súa aplicación práctica. Ademais, promoverá a optimización da explotación das actuais infraestruturas do CIM (por exemplo, as instalacións de mesocosmos serán centrais) mediante a implicación, a interacción e o co-deseño de servizos integrados. Finalmente, Iriscc será unha excelente plataforma para a formación de novos investigadores e investigadoras e facilitará colaboracións transdisciplinares e a súa integración en redes internacionais”.
Ámbitos de traballo
Iriscc ofrece solucións innovadoras e ferramentas para a toma de decisións baseadas en evidencias, buscando acelerar a transición cara a un futuro máis resistente ao clima. As accións están centradas en tres ámbitos: a provisión de servizos, garantir a interoperabilidade e xestión de datos e involucrar activamente a todos os posibles usuarios e colaboradores das infraestruturas de investigación. Desta forma, lograrase crear un consorcio de infraestruturas de primeiro nivel, que proveerán servizos de investigación punteiros a través dun catálogo baseado nas necesidades establecidas no Pacto Verde Europeo, informes do IPCC, estratexias de Adaptación ao Cambio Climático da UE e Obxectivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas. Estes servizos, entre os que se atopan os da Ecimat como parte da infraestrutura europea EMBRC-ERIC (European Marine Biological Resource Centre), estarán dispoñibles para unha ampla gama de usuarios, ofrecendo acceso transnacional, virtual e remoto aos servizos, incluíndo instalacións experimentais e observacionais, capacidades de modelado e estrutura de datos.
Estes servizos son imprescindibles para avanzar na investigación, contribuíndo así á adaptación ao cambio climático, á neutralidade climática e á xestión informada dos recursos naturais. Desta forma, fomentarase a interoperabilidade entre infraestruturas de investigación europeas e nacionais, garantindo o acceso aberto aos datos.

Universidade de Vigo (UVigo)