O inicio da Cidade da Saúde, a adaptación á LOSU e a oferta de titulacións, os grandes retos da USC para o curso 2024-2025
No referido á nova lei educativa, puxo de relevo a reforma estatutaria, que debe estar rematada antes de abril de 2026 e para o que “de xeito inmediato” se abrirá o procedemento participativo. “Será unha gran ocasión para decidir se queremos ser unha Universidade de Facultades, que parece ser a peza esencial da nosa actividade docente, ou de Departamentos, ou se na organización da investigación procede manter a dualidade de institutos e centros ou optar claramente por unha fórmula máis operativa”, manifestou.
O novo réxime do profesorado asociado é outro obxectivo para o que Antonio López avanzou que a USC está “en condicións de ter completamente regularizados todos os contratos, tanto na súa dedicación como na súa duración, a finais deste mes de setembro, sendo a primeira Universidade que completa este proceso”. Mais para iso dixo confiar en que “sen máis demora” se axilice o proceso co Estado e a Comunidade Autónoma para imputar orzamentariamente ao Plan Integra parte das prazas creadas.
A respecto das titulacións, avanzou a necesidade de revisar a normativa autonómica, “particularmente no que atinxe ao número mínimo de estudantes por titulación”, e a “necesaria” posta ao día do mapa de titulacións, tanto na oferta máis tradicional como na implantación das novas modalidades de microcredenciais “que están chamadas a xogar un papel central na formación de recualificación ou formación ao longo da vida”.
Inicio do Campus da Saúde
Dando resposta ao plan aprobado polo Claustro e polo Consello de Goberno e incorporado no recente aprobado Plan Estratéxico, o reitor marcou como obxectivo “absolutamente prioritario” pechar o cadro financeiro plurianual para licitar “sen máis demora” a Fase I do proxecto da Cidade da Saúde, que se corresponde cos espazos destinados á Facultade de Farmacia. “Para completar ese cadro, ademais dos fondos xa comprometidos do Plan Especial de Infraestruturas dotado pola Xunta, dende a USC propuxemos diversas fórmulas como achegas directas da propia CA ou operacións de crédito da Universidade, “un recurso ao crédito que é posible -dixo- polo rigor e exemplaridade demostrados ao longo destes últimos anos na xestión dos recursos nos que temos amortizado máis de 17 millóns de euros ata reducir a débeda viva a 12 millóns”.
O outro proxecto prioritario é o traslado da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, para o que existe xa achega financeira da Consellaría a cambio da cesión do inmoble actual. “Tamén aquí o obxectivo é acelerar a licitación para así poder iniciar as obras”, afirmou.
Apoio ao estudantado
Se ben o reitor se congratulaba do incremento sostido da cifra de novo estudantado na USC, cun 11 % no Campus de Santiago e un “moi salientable” 48% no de Lugo dende 2018, ao tempo advertía do risco de que estas cifras comecen a mermar se as administracións públicas non se implican en maior medida no apoio ao estudantado. Sinalaba como cuestión preferente aumentar as bolsas e axudas, “e hai certo consenso en que o incremento do financiamento público do ensino superior ata o 1 % do PIB en 2030 que marca a LOSUE se destine a reforzar o sistema de bolsas”.
Fixo ademais especial fincapé na vivenda. “Somos conscientes de que o problema do aloxamento universitario, de forma xeral, pero moi especialmente en cidades cunha forte presión turística como esta na que nos atopamos, ten acadado unha dimensión que fai que a súa solución requira de medidas que van máis aló do sistema de bolsas e axudas”, dixo, á vez que subliñou que a USC é unha das Universidades coa maior ratio de prazas de residencia por estudantes matriculados do sistema estatal de universidades. “É precisa a colaboración das diferentes administracións, cada unha dentro do seu ámbito de competencias, para mellorar a oferta de solucións habitacionais para o noso estudantado”, manifestou.
Antonio López finalizou o seu discurso cun recordo a toda a comunidade universitaria que en distintos lugares do mundo non pode iniciar a súa actividade académica, con especial mención a Palestina e Ucraína. “É o momento de reclamar o alto o fogo, que cese o xenocidio e a guerra para que calquera persoa, en calquera parte do mundo, poida vivir e formarse en paz, rematou.
O benestar do estudantado
O presidente do Consello do Estudantado, Andrés Couso Viana, aproveitou o seu discurso para evidenciar as barreiras coas que se atopa o estudantado na Universidade e que focalizou na insuficiencia de bolsas e uns criterios “que complican verdadeiramente acceder a elas a quen máis o necesita”, no acceso á vivenda e no dereito á conciliación, “que debería garantirse cunha oferta de recursos extras que permitan completar a formación a quen ten que traballar á vez que estudar”.
Couso puxo ademais o foco na saúde mental do estudantado e reclamou non só aumentar os recursos nos gabinetes de atención psicopedagóxica senón tamén dotar o estudantado “da suficiente estabilidade para que poidan vivir e estudar en condicións saudables”, o que pasa, ao seu xuízo, por dar solución ás tres barreiras anteriormente citadas.
Humanización dos coidados intensivos
Este ano a lección maxistral correspondeulle ao pediatra e profesor da Facultade de Enfermaría Antonio Rodríguez Núñez, que versou sobre os coidados intensivos, “sen dúbida unha das bandeiras do progreso científico” grazas ao mellor coñecemento das enfermidades e os tratamentos de soporte vital, coa axuda da tecnoloxía de vixilancia dos parámetros vitais así como a capacitación especializada do persoal sanitario dedicado ao coidado directo dos pacientes de forma continuada.
“Mais -advertiu- lamentablemente este desenvolvemento técnico tivo como efecto adverso unha certa deshumanización da persoa, que pasa a ser secundaria ante a enfermidade, cun éxito terapéutico baseado máis na recuperación de funcións vitais ou ás veces na prolongación fútil da vida, que na aplicación razoada das técnicas e tratamentos nun proceso de toma de decisións compartidas cos pacientes e as familias”.
“Humanizar é un requisito de ética clínica e calidade asistencial”, afirmou. “Por iso a humanización dos coidados intensivos, poñer o benestar do paciente no centro, é unha obriga do sistema sanitario e dos seus profesionais e debera ser un criterio esencial de calidade asistencial ademais dun obxectivo prioritario de todos os axentes implicados na sanidade”. A capacitación neste eido, rematou, “non é algo innato senón un conxunto de habilidades non técnicas que poden e deben aprenderse e adestrarse xa dende o grao e ao longo de toda a traxectoria profesional”.
Memoria
A secretaria xeral da USC, Dulce María García Mella, deu lectura da Memoria do pasado curso académico 2023-2024, “nun contexto de adaptación á LOSU, co inicio dos traballos de revisión dos Estatutos e a constitución da Comisión de Desenvolvemento Estatutario, ademais da adecuación das condicións de contratación do profesorado”. A memoria recolle as actuacións máis salientables agrupadas en seis bloques: ensino e aprendizaxe, investigación e transferencia, internacionalización, extensión universitaria e compromiso social, organización e xestión de recursos e comunidade universitaria.
García Mella rematou a súa intervención apuntando desafíos de futuro “importantes” como o relevo xeracional, a intensificación do uso da intelixencia artificial ou a “necesaria” adaptación á Lei Orgánica do Sistema Universitario. “Estou segura de que entre todas e entre todos conseguiremos afrontalos con éxito sabendo que nada é particularmente difícil cando se aborda paso a paso”, sentenciou.

Universidade de Santiago de Compostela (USC)