A Universidade da Coruña e a Fundación Princesa de Girona organizan a xornada Talento novo e impacto profesional na IA
A continuación, terá lugar unha mesa redonda con diferentes especialistas nesta materia, na que reflexionarán sobre as oportunidades que ofrece a IA para o talento novo. Será moderada por Amparo Alonso Betanzos, catedrática do Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da UDC, e contará coa participación de David Martinez, CEO e fundador da empresa Data Spartan; Ángel Rico, coordinador da IA en Russula; Adolfo Ausín, responsable de Electrónica de Potencia en Norvento; e Silvia Ferreiro, directora de Ciencia de Datos en Inditex. Ao final das xornadas terá lugar un debate cos relatores participantes.
O acceso é gratuíto con inscrición previa, a través da ligazón: https://bit.ly/3N9Vk8F
O acceso é gratuíto con inscrición previa, a través da ligazón: https://bit.ly/3N9Vk8F
Universidade da Coruña (UDC)