Máis dun cento de especialistas darase cita do 14 ao 16 de outubro no Congreso da Mocidade Investigadora do Campus Terra
En total, o foro aborda nove liñas de pescuda que van dende a produción vexetal sostible, a produción e saúde animal sostibles, alimentación segura e saudable, xestión forestal sostible, tecnoloxías da información e da comunicación (TIC), tecnoloxías ‘ómicas’, cambio climático, unha única saúde, ata chegar á historia e cultura no medio rural.
Ao Congreso tamén está permitido acudir como asistente sen inscrición ata completar a capacidade do espazo. De feito, dende a organización fan un chamamento para que comunidade universitaria e cidadanía, no seu conxunto, se acheguen a coñecer de primeira man a investigación que as xeracións máis novas están a realizar no campus, así como aquelas outras liñas de traballo que na contorna ibérica se están a desenvolver no mesmo eido de actuación deste campus de especialización. De feito o foro recibirá especialistas procedentes da UVigo, UDC, INL-International Iberian Nanotechnology Laboratory (Portugal), Universidad Nacional de Caaguazú (Paraguay), Universidade Federal de Viçosa (Brasil), Universidade Estadual de Londrina, Londrina, Paraná (Brasil), Universidad Nacional Autónoma de México, Universidade do Porto, CIIMAR - Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental (Portugal), Universidad de León, Universidad de Oviedo e Universidade de Coimbra, ademais de persoal investigador da USC. O programa que xa pode ser consultado en liña nútrese con arredor de 70 presentacións orais e preto de 40 pósters.
O Congreso será tamén marco para a sesión ‘Impulsando a investigación: novidades e estratexias nas convocatorias para persoal investigador pre e post doutoral’ que se desenvolverá o martes 15, de 15.30 a 17.30 horas. Dirixida á comunidade universitaria no seu conxunto, a sesión debullará convocatorias para formación de persoal investigador que verán a luz a través de institucións como a Xunta de Galicia (GAIN), Agencia Española de Investigación, as bolsas do European Research Council ou os programas impulsados dende a Fundação para a Ciência e a Tecnologia (Portugal). Ademais, o mércores 16, de 16.00 a 18.00 horas, será a quenda de ‘Colaboración universidade e empresa: raíces para un futuro sostible’ no que se darán cita empresas de sectores aliñados coas liñas de investigación do Congreso para coñecer os seus plans de investigación, necesidades de persoal, así como a opinión que teñen da formación que se imparte nas universidades.
O principal obxectivo deste congreso, que terá lugar na Escola Politécnica Superior (EPSE) do Campus de Lugo da USC, é crear un ambiente de encontro entre a mocidade investigadora ibérica, presentando as súas investigacións e no que poidan xurdir diversas colaboracións. De feito, o foro diríxese a estudantado de grao, mestrado, doutoramento, posdoutorais e novo persoal investigador interesado en compartir os seus resultados e poñerse en contacto con especialistas doutras areas. O Campus Terra de Lugo, promovido pola Universidade de Santiago de Compostela, nace como resultado do acordo entre a USC e a Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia, coa intención de transformar o Campus de Lugo nun referente científico e social nos ámbitos de coñecemento vinculados á sustentabilidade económica, social e medioambiental do uso da terra.

Universidade de Santiago de Compostela (USC)