Os riscos da Intelixencia Artificial, a debate na Facultade de Dereito da UDC
O evento contará coa asistencia de Moisés Canle, vicerreitor de Titulacións e Internacionalización da UDC, quen participará na inauguración institucional, que terá lugar ás 9:30 horas, xunto con José Ramón Santamaría, presidente da Fundación Inade; Natalia Barros, directora da Oficina Económica de Galicia IGAPE; Ignasi Belda, director xeral de AESIA (Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial) e Fernando Peña López, director da Cátedra Fundación Inade-UDC.
Durante as xornadas terá lugar a presentación do IX volume da colección Cadernos da Cátedra Fundación Inade-UDC, co título “Los riesgos generados por la inteligencia artificial y los posibles mecanismos para su mutualización”. Esta obra, elaborada por Gabriel Macanás, doutor en Dereito Civil pola Università di Bologna e profesor de Dereito Civil na Universidad de Murcia, reflexiona sobre os desafíos éticos, sociais, económicos e legais que supón la IA, así como sobre as solucións que se poderían implantar para garantir que os danos causados por esta tecnoloxía poidan ser compensados de maneira axeitada.
Logo da presentación da obra, ás 11:00 horas, terá lugar unha mesa redonda con persoal experto, que será moderada por Fernando Peña, director da Cátedra, e na que se abordarán os riscos da IA e o papel que desempeñará o sector asegurador na súa transferencia. Nela participarán Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC; Ignasi Belda, director Xeral de AESIA; Alberto José Bugarín Diz, catedrático na área de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director do Grupo de Sistemas Intelixentes do CITIUS da USC; Adrián Feliú González, responsable de consultoría en Ciberriscos de Howden; Jesús Almarcha Jaime, avogado de seguros e reaseguros en Pérez-Llorca Abogados.
O evento, de carácter gratuíto, vai dirixido a persoal administrador, conselleiro e directivo de empresas tecnolóxicas; especialistas en ciberseguridade e responsables de protección de datos; persoal informático, programador e desarrollador, profesionais do sector asegurador, da avogacía e consultoría especializada; economistas e analistas de riscos; persoal regulador ou responsable de políticas públicas; estudantado da área informática, tecnolóxica, económica ou xurídica, e en xeral, calquera persoa interesada na materia.
A Cátedra Fundación Inade-UDC
A Cátedra Fundación Inade-UDC: A Xestión do Risco e o Seguro é froito dun convenio de colaboración entre a Universidade da Coruña e a Fundación Inade e ten como obxectivos estratéxicos o fomento e divulgación dunha cultura de xestión responsable do risco na sociedade; contribuír á formación de profesionais cualificados e preparados para mellorar a xestión dos riscos presentes no entorno socioeconómico de Galicia; e fomentar a transferencia de coñecementos en materia de xestión de riscos e seguros desde a Universidade á sociedade.

Universidade da Coruña (UDC)