Asuntos Sociais pon en marcha o Plan Estratéxico do Cooperativismo para consolidar esta fórmula empresarial
O desenvolvemento integral da fórmula empresarial cooperativa en Galicia é o obxectivo do Plan Estratéxico do Cooperativismo, presentado en Ourense pola conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, Belén Prado. Posteriormente, a conselleira visitou as obras que realizan os alumnos da Escola Obradoiro “A Cuña”.
O plan do cooperativismo, aprobado a finais do pasado ano, inclúe 104 medidas para acometer no bienio 2005-2006. A programación destas medidas ten como meta final desenvolver as 168 accións que conforman a totalidade do Plan, que se espera concluir no 2010.
Durante o presente ano prevense abordar 40 das medidas previstas, orientadas a incrementar o emprego estable e de calidade e a incorporación laboral das mulleres e da xente nova. Deste xeito, está previsto crear gabinetes de orientación e titores especializados para garantir a viavilidade deste tipo de empresas, axudándoas nos procesos de creacion e consolidación. Ademais, porase en marcha un observatorio cooperativo e unha bolsa de traballo para posibilitar a posta en común de iniciativas e fomentar a relación entre as cooperativas e os candidatos a socios. Esta liña de actuación completarase coa creación dunha rede local estable para a promoción cooperativa.
No ámbito da divulgación, o Plan contempla o nacemento dun portal en internet sobre cooperativas de Galicia, concebido para difundir as actividades do cooperativismo e incrementar significativamente a súa presenza na rede. Na área de financiamento cooperativo, o primeiro paso será conseguir un sistema de avaliación específica de riscos das cooperativas para continuar establecendo mecanismos de mellora das cultura financeira destas empresas.
MEDIDAS POR SECTORES
Por outra banda, o Plan establece medidas concretas para as distintas clases de cooperativas. Así, no ámbito agrario potenciaranse os novos servizos que presten as cooperativas agrarias, deseñaranse novos incentivos para fomentar o cooperativismo e promoverase a transformación e comercialización das produccións agropecuarias propias e dos socios para acadar unha maior presenza nos mercados.
As cooperativas de traballo asociado contarán cos instrumentos necesarios para a adecuación do nivel de contratación ás súas necesidades e traballarase na elaboración do Estatuto do socio traballador. No ámbito dos servizos empresariais elaborarase unha área de negocios na páxina web con información de productos e servizos e poranse en marcha políticas de calidade e de prevención da sinistralidade. Nos servizos sociais impulsarase a divulgación entre todos os colectivos e responsables así como a formación na organización e prestación destes servizos a través de cooperativas.
No sector do mar incidirase na realización dun programa de divulgación e cursos de cooperativismo para mariscadores, pescadores e acuicultores. Ademais, crearase unha rede de titorías para a orientación e a formación de proxectos cooperativos. Na área de monte prevese elaborar modelos organizativos adaptados ás características da xestión forestal e a creación dun grupo de apoio para as cooperativas de comercialización da madeira.
Como elemento aglutinador do Plan actuará o Consello Galego de Cooperativas, que asumirá a coordinación as accións administrativas e das medidas de apoio desde o seu momento inicial. O Consello Galego de Cooperativas é o máximo órgano de promoción e difusión do cooperativismo en Galicia, e del forman parte representantes da Xunta de Galicia, da FEGAMP, das universidades galegas, da cooperativa de crédito Caixa Rural Galega e das diferentes asociacións e federacións de cooperativas existentes en Galicia.
23.000 POSTOS DE TRABALLO
A presenza do cooperativismo en Galicia é certamente significativa xa que representa o 4,1 % das cooperativas do conxunto do Estado. En termos de emprego, en Galicia o cooperativismo xera 23.000 postos de traballo, entre directos, xerados e inducidos, é dicir, máis do 2% dos ocupados galegos están vinculados ao cooperativismo.
O movemento cooperativo en Galicia agrupa a máis de 83.000 socios, cunha dinámica de evolución fortemente crecente e cunha importancia apreciablemente maior en determinados colectivos: agricultores, mozos e mulleres, e un volume de facturación de máis de 2.300 millóns de euros. Estas cifras, ademais doutros indicadores, amosan que as empresas cooperativas constitúen unha importante realidade e unha esperanza de futuro para o desenvolvemento económico e social de Galicia.
VISITA Á ESCOLA OBRADOIRO
Despois de participar na presentación do Plan Estratéxico do Cooperativismo, a conselleira visitou en Ourense as instalacións nas que traballan os alumnos da Escola Obradoiro “A Cuña”. Setenta alumnos participan nesta experiencia formativa, que abrangue as especialidades de electricidade, albanelería, cantería, carpintería, forxa e fontanería. Entre todos, están a reformar un edificio de formación ocupacional no bario de Mariñamansa. Previamente, acondicionarons os accesos dun edificio do Campo da Feira.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia