As novas instalacións do Instituto da Cerámica de Galicia permitirán aumentar a calidade da investigación no sector, segundo o presidente da Xunta
“Confío plenamente en que os empresarios galegos aproveiten os servizos do Instituto da Cerámica, e que estas novas instalacións supoñan un importante elemento para aumentar a cantidade e calidade da investigación que se realice entorno ao sector cerámico”. Con estas palabras, o presidente da Xunta pechaba a súa intervención na inauguración da nova sede do Instituto da Cerámica de Galicia, na que o Executivo galego investiu 2,5 millóns de euros.
No acto tamén estiveron presentes, entre outras autoridades, o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio, Juan Rodríguez Yuste, e Senén Barro, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, institución que colaborou no equipamento do novo edificio, ao igual que a Asociación para o Fomento da Investigación Cerámica en Galicia.
ACTUALIZAR OS PROCESOS INDUSTRIAIS
O titular do Executivo galego amosouse convencido de que a modernización do Instituto de Cerámica “contribuirá a actualizar e desenvolver os seus procesos industriais” así como a “abrir o sector a técnicas e produtos novos”. Así, amosouse convencido de que a moderna dotación tecnolóxica do centro, e a alta cualificación e experiencia do seu persoal, “terán unha repercusión directa sobre un sector tan importante para a economía de Galicia”, que conta con máis de 2.000 persoas empregadas e cunha facturación anual superior aos 750 millóns de euros.
Manuel Fraga destacou que o “amplo campo” que ofrece o mundo da cerámica “incidirá” tamén noutros sectores produtivos, sendo as instalacións inauguradas este luns “punto de partida” para levar adiante proxectos de cooperación interempresarial que permitirán traballar nas novas aplicacións dos produtos cerámicos nos vindeiros anos.
COLABORACIÓN ENTRE CIENCIA E EMPRESA
O presidente da Xunta dixo que a nova sede do Instituto de Cerámica de Galicia é un “claro exemplo da colaboración necesaria” entre o mundo da empresa e o eido científico para contribuír ao desenvolvemento económico. De feito, presentou o centro como “un dos mellores referentes dos logros que se poden conseguir mediante esa unidade de acción”, salientando que “demostrou a súa capacidade” de cumprir os obxectivos para os que foi creado en 1991: a promoción da investigación científica e técnica, e o asesoramento á industria cerámica.
Manuel Fraga explicou que a decisión de poñer en marcha as novas instalacións se enmarca no programa de Investigación Xeolóxica e Mineira do Plan galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica, un plan co que a Xunta quere apoiar un sector que “está realizando grandes esforzos en I+D para afrontar con maiores garantías a demanda dun mercado moi competitivo”.
INSTITUTO DE CERÁMICA DE GALICIA
O Instituto de Cerámica de Galicia ten tres obxectivos fundamentais, que son a investigación básica e aplicada en cerámica; a prestación de servizos tecnolóxicos á industria, a homologación e o control de calidade; e a formación de persoal. No tocante ás actividades de investigación, desenvólveas en varias liñas de traballo que van desde os materiais cerámicos avanzados, á cerámica tradicional, os materiais para a industria de produción de enerxía e os biomateriais cerámicos.
A súa dotación co equipamento máis moderno, unida á cualificación e experiencia do seu persoal, permítelle prestar unha gran variedade de servizos tecnolóxicos á industria deste e doutros sectores no campo de materiais como o granito, a lousa, a madeira, a metalurxia, ou a industria papeleira.
O novo edificio conta cunha superficie total de 3.500 metros cadrados distribuídos en catro andares, nos que teñen cabida os laboratorios de control de calidade e homologación; a planta piloto de 500 metros cadrados, deseñada a modo de pequena fábrica experimental de materiais cerámicos; un museo de tecnoloxía cerámica; e diversos laboratorios especializados. A dotación das novas instalacións complétase con aulas-seminario, despachos de investigadores, biblioteca, sala de xuntas e aulas parta o desenvolvemento das prácticas do alumnado.
INAUGURACIÓN DA NOVA SEDE DO INSTITUTO DE CERÁMICA DE GALICIA
- “Propiciar o encontro de intereses entre o mundo da empresa e o eido científico é un dos principais obxectivos da actuais políticas industriais de calquera Administración que propugne o desenvolvemento económico. A nova sede do Instituto de Cerámica de Galicia é un claro exemplo da colaboración necesaria para acadar ese fin”.
- “Desde a súa creación en 1991, o Instituto converteuse nun dos mellores referentes dos logros que se poden conseguir mediante esa unidade de acción. Durante estes anos, demostrou a súa capacidade de cumprir os obxectivos para os que foi creado: promoción da investigación científica e técnica, e asesoramento á industria cerámica”.
- “Esta nova infraestrura contou cunha axuda de 2,5 millóns de euros da Consellería de Innovación para a construción do edificio e equipamento científico-técnico, no que tamén colaboraron a USC, a Asociación para o Fomento da Investigación Cerámica en Galicia e o anterior Ministerio de Ciencia y Tecnología, ata chegar a unha cifra total de investimento de 6 millóns de euros”.
- “A modernización do Instituto de Cerámica de Galicia contribuirá a actualizar e desenvolver os seus procesos industriais e, ao mesmo tempo, abrir o sector a técnicas e produtos novos [...]. Unha industria que dá emprego a máis de 2.000 persoas e que factura en Galicia por riba dos 750 millóns de euros”.
- “Estas instalacións constitúen o punto de partida para realizar proxectos de cooperación interempresarial que permitirán traballar nas novas aplicacións dos produtos cerámicos nos vindeiros anos”.
- “Confío plenamente en que os empresarios galegos aproveiten os servizos do Instituto da Cerámica, e que estas novas instalacións supoñan un importante elemento para aumentar a cantidade e calidade da investigación que se realice entorno ao sector cerámico”.
SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA XUNTA DE GALICIA

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia