Política Agroalimentaria asina un convenio coa entidade Hijos de Rivera, productora da marca de cervexa Estrella Galicia
A Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural ten interese na recuperación do cultivo de lúpulo e conta, a través do CIAM, co persoal técnico e as instalacións axeitadas para a produción deste cultivo. Este interese é compartido por Estrella Galicia que, ademais, ten a intención de fabricar cervexa con lúpulo producido en Galicia con motivo do seu primeiro centenario no ano 2006.
Por esta conxunción de intereses, a Administración galega e a entidade Hijos de Rivera acordaron colaborar no fomento do cultivo de lúpulo, unha produción con tradición na nosa Comunidade, principalmente nos municipios das comarcas do Eume, Betanzos e A Coruña.
Con este convenio preténdese establecer un ciclo completo de produción de lúpulo, incluída a preparación da parcela, plantación e colleita desta planta, como actividade formativa dos técnicos da Consellería e de proporcionar froito para a obtención dunha cervexa con lúpulo producido exclusivamente en Galicia.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural da Xunta de Galicia