O IPC acumulado e o interanual compórtase mellor en Galicia que no conxunto de España
Os prezos están a rexistrar un comportamento máis moderado en Galicia que no conxunto do Estado, tanto no que vai de ano, como nos últimos 12 meses, segundo recolle o Índice de Prezos de Consumo (IPC), feito público polo Instituto Nacional de Estatística
No que vai de ano, o IPC rexistra un ascenso do 1,6 por cento en Galicia, mentres que esa suba se sitúa no 1,8% no conxunto do Estado. Un comportamento similar prodúcese no IPC interanual, cunha subida do 2,9% en Galicia e do 3,1% de media no conxunto de España.
No pasado mes de maio, os prezos medraron un 0,2 por cento, comportamento idéntico en Galicia que no conxunto de España.
Durante o pasado mes, os prezos descenderon en Galicia nos grupos de Ocio e Cultura, cunha baixada do 0,6%, seguido de Vivenda, que descendeu o 0,2%, ao tempo que Bebidas Alcohólicas e Tabaco, e Comunicacións reduciron os prezos un 0,1%. Mantivéronse invariables o Ensino e o Transporte, e aumentaron un 0,1% os grupos de Alimentos e Bebidas non Alcohólicas, Enxoval, Medicina e Outros. A subida dos prezos foi do 0,2% no grupo de Hoteis, Cafés e Restaurantes, mentres que o comportamento máis alcista, cun 1,3%, correspondeu a Vestido e Calzado.
No que vai de ano, o mellor comportamento correspondeu a Vestido e Calzado, que acumula un descenso dos prezos do 1,6%. Desde decembro de 2004 tamén baixaron os prezos de Ocio e Cultura (-1,3%), Comunicacións (-1,1%) e Medicina
(-0,3%).
Nos últimos 12 meses, desde maio de 2004, en Galicia, os prezos das Comunicacións baixaron un 2,2% e os de Ocio e Cultura descenderon un 0,1%.
COMPORTAMENTO IPC GALICIA- Maio 2005
Porcentaxe de variación
Sobre o mes anterior
No que vai de ano
Nun ano
Alimentos e bebidas non alcohólicas
0.1
2.1
2.8
Bebidas alcohólicas e tabaco
-0.1
3.2
4.0
Vestido e calzado
1.3
-1.6
1.2
Vivenda
-0.2
2.6
5.6
Enxoval
0.1
1.4
2.8
Medicina
0.1
-0.3
0.8
Transporte
0.0
3.7
4.3
Comunicacións
-0.1
-1.1
-2.2
Ocio e Cultura
-0.6
-1.3
-0.1
Ensino
0.0
0.5
4.1
Hoteis e restaurantes
0.2
1.9
4.3
Outros
0.1
2.3
2.6
Xeral Galicia
0.2
1.6
2.9
Xeral España
0.2
1.8
3.1

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia