Medio Ambiente simplifica os trámites para rebaixar o imposto de sociedades por investimentos ambientais
A Consellería de Medio Ambiente publica no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 14 de xuño de 2005 a resolución pola que se simplifican os trámites para que as sociedades obteñan o certificado que acredita os investimentos realizados en materia de protección do contorno natural. Este documento fai posible que as empresas poidan rebaixar nun 10 por cento o Imposto de Sociedades, sempre que se xustifique que os investimentos realizados supuxeron unha probada mellora ambiental.
Esta simplificación ten como obxectivo facilitarlle ao máximo á poboación os trámites administrativos relacionados co medio natural, xa que a partir de agora para as sociedades será máis sinxelo e rápido obter o correspondente certificado. Ademais, a resolución recollida no DOG de hoxe establece a posibilidade de que a propia administración, por iniciativa propia, promova unha certificación se ten constancia dalgún investimento deste tipo, aínda cando non lle fora solicitada a certificación por parte da sociedade.
As empresas poderán solicitar o certificado de investimentos en materia ambiental se desenvolveron proxectos para evitar ou reducir a contaminación atmosférica procedente de instalacións industriais; se evitaron ou reduciron a carga contaminante que se verte ás augas superficiais, soterradas ou mariñas; e se favoreceron a redución, recuperación ou tratamento correctos desde o punto de vista ambiental dos residuos industriais.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia