Os galegos residentes en Cataluña son unha das máis firmes evidencias da grandeza da identidade galega no exterior, salienta Manuel Fraga
O titular do Executivo autonómico salientou a grandeza da Galicia exterior durante a súa intervención na recepción que ofreceu, no Hostal dos Reis Católicos de Santiago, aos membros da Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña. Alí, o presidente da Xunta indicou que, precisamente, a comunidade galega residente en Cataluña constitúe unha das máis firmes evidencias da grandeza da identidade galega no exterior.
A recepción no Hostal ten lugar logo dos actos do Gran Encontro Galego en Cataluña, que se desenvolveu durante a pasada fin de semana en Barcelona e no marco do cal participaron, tal e como salientou Manuel Fraga, “milleiros e milleiros de persoas” procedentes de diversos lugares. Neste acto tamén participou o vicepresidente segundo da Xunta, Xosé Manuel Barreiro Fernández; e os conselleiros de Economía e Emigración, Xosé Antón Orza e Aurelio Miras Portugal, respectivamente.
O presidente da Xunta referiuse ao orgullo de ser galego e expresou a súa convicción de que nin Galicia nin Cataluña serían as mesmas sen o ánimo e a capacidade de iniciativa manifestada por moitos destes emprendedores, pertencentes á Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña.
GRAN ENCONTRO GALEGO EN CATALUÑA
O mandatario galego referiuse, ademais, aos obxectivos do Gran Encontro Galego en Cataluña, entre os que figuraban os de dar unha visión moderna e positiva da realidade galega actual; o de resaltar o papel da emigración galega como un valor sociocultural e económico xerador de riqueza e de valores engadidos entre as dúas comunidades autónomas; ou o de reflexionar sobre a relevancia da actividade empresarial con vinculación galega como xeradora de todo tipo de realidades e expectativas. Por iso, Manuel Fraga non quixo rematar a súa intervención sen felicitar á Asociación de Empresarios Galegos de Cataluña, que promoveu esta iniciativa, polo éxito acadado e por elixir Santiago como lugar no que facer balance do Encontro celebrado en Cataluña.
INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA NA RECEPCIÓN Á ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS GALEGOS DE CATALUÑA CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO GRAN ENCONTRO DOS GALEGOS DO MUNDO EN BARCELONA 2005
-“É un motivo de orgullo para toda Galicia comprobar o labor dos galegos residentes no exterior. Tense dito moitas veces que un dos grandes tesouros desta terra son os seus fillos que escolleron, por distintos motivos, residir noutros países e noutros territorios españois”.
-“Un dos grandes exemplos desa realidade témolo xustamente na comunidade galega en Cataluña. De vellas raíces, e con sólidos referentes que se van renovando ano a ano, os galegos alí residentes son, sen dúbida, unha das máis firmes evidencias da grandeza da identidade galega no exterior, da emoción que nos produciu no pasado, e nos sigue producindo no presente, a súa ilusión, o seu esforzo e a súa aposta, desde a distancia, por Galicia”.
-“Os milleiros e milleiros de persoas, tanto galegos como cataláns, que participaron estes días no Gran Encontro Galego en Cataluña demostraron, unha vez máis, esa vitalidade e esa forza. Por un días pasou de novo a primeiro plano da actualidade o orgullo de ser galego en Cataluña”.
-“Entre os obxectivos do Gran Encontro Galego en Cataluña figuraban os de dar unha visión moderna e positiva da realidade galega actual; tamén o de resaltar a emigración galega como un valor sociocultural e económico xerador de riqueza e de valores engadidos entre as dúas comunidades, entre Galicia e Cataluña. E, por suposto, o de reflexionar sobre a relevancia da actividade empresarial con vinculación galega como xeradora de todo tipo de realidades e expectativas”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia