Barreiro aposta por promover o sector forestal como elemento decisivo para o desenvolvemento rural
O vicepresidente segundo e conselleiro de Medio Ambiente en funcións, Xosé Manuel Barreiro Fernández, apostou por manter unha política de promoción e apoio ao sector forestal de Galicia, xa que se trata dun elemento “decisivo para promover o desenvolvemento rural na comunidade”. “É evidente que a actividade forestal será a grande protagonista onde implementar as políticas de desenvolvemento e a peza clave para establecer unha estrutura tal que xere empregos e faga atractiva a vida no rural”, destacou tamén Barreiro.
Xosé Manuel Barreiro fixo estas declaracións no acto de clausura da xornada Claves Competitivas da Industrial Forestal en Galicia, organizadas pola Asociación Galega Monte Industria e Fearmaga. No acto tamén participaron o presidente de Fearmaga, Carlos Ucha Sánchez; o vicepresidente da Asociación Galega Monte Industria, Narciso Fernández Iturrospe; e o membro da organización e director da Asociación Galega Monte Industria, Juan Picos.
VALOR DO MONTE GALEGO
No decurso da clausura, o vicepresidente segundo en funcións explicou que o fomento da cadea monte-industria foi un dos grandes eixes de traballo da Consellería de Medio Ambiente nos últimos anos. Este esforzo plasmouse nunha serie de medidas encamiñadas á posta en valor do monte galego e dos seus produtos, así como ao apoio das empresas do sector forestal. Nesta liña, Barreiro salientou a certificación forestal como un dos logros máis importantes de Medio Ambiente en Galicia que, con máis de 111.000 hectáreas de monte certificadas, lidera o proceso de certificación forestal sostible en España. “A planificación e ordenación dos montes galegos foi unha das grandes metas da Consellería”, apuntou o titular de Medio Ambiente.
Ademais, Xosé Manuel Barreiro fixo referenza ás axudas na mellora da calidade na comercialización dos produtos silvícolas; o desenvolvemento de estudos orientados a identificar os factores clave do desenvolvemento da industria da primeira transformación da madeira; e o incremento dos alleamentos de madeira, entre outros.
CERTIFICACIÓN DE CALIDADE
Na clausura da xornada, Xosé Manuel Barreiro Fernández lembrou que para garantir o progreso do sector forestal galego é preciso “seguir a avanzar no camiño xa emprendido”. Para isto, lembrou a importancia de traballar na diferenciación dos produtos forestais de Galicia a través dun sistema rexional de certificación e dunha etiqueta de calidade do produto; e a través dun amplo sistema de formación e divulgación dos recursos forestais.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia