A saída de Galicia da Volta ao mundo a Vela será vital para o sector náutico, a economía e o deporte galego, segundo Manuel Fraga
O presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, salientou en Santiago de Compostela que a Volta ao Mundo a Vela “proporcionaralle a Galicia, por primeira vez, a oportunidade de escribir unha páxina da historia da náutica mundial e, sobre todo, de fixar un punto de partida para o noso sector náutico, vital para a economía e o deporte galego”.
O titular do Goberno galego fixo estas declaracións no acto de sinatura dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o grupo empresarial Vegonsa Agrupación Alimentaria S.A. para o patrocinio e a promoción da Volta ao Mundo a Vela.
Manuel Fraga subliñou que este acontecemento deportivo non só será “unha oportunidade para o noso deporte”, senón que tamén abrirá “un amplo abano de posibilidades para o ámbito turístico, a náutica en xeral e un revulsivo para a economía galega”. Neste sentido, o presidente da Xunta salientou a importancia da da colaboración empresarial neste proxecto e agradeceu o apoio de Vegonsa, que “permitirá camiñar a sabendas de que contamos co respaldo dunha entidade que ten por valores a calidade, o compromiso e o bo servizo á cidadanía”.
Pola súa banda, o director xeral de Vegonsa, Joaquín González, agradeceu o apoio que os distintos gobernos presididos por Manuel Fraga prestaron ao desenvolvemento empresarial. Fundada nos anos 40, a empresa Vegonsa medrou, segundo o seu director, á par que a Comunidade galega e na actualidade conta cun cadro de persoal de máis de 3.300 persoas repartidos nos 350 establementos propios e franquiciados e con presenza “homoxénea en todo o territorio galego”.
DIFUSIÓN
Ao abeiro de convenio asinado entre Manuel Fraga e Joaquín González Iglesias, director xeral de Vegonsa, este grupo empresarial colaborará na difusión e promoción do proxecto Galicia 2005, Volta ao Mundo a Vela, que está a desenvolver a Xunta de Galicia. As actividades de promoción que Vegonsa porá en marcha segundo o establecido no citado acordo acadarán un valor de 3 millóns de euros. Así mesmo, Vegonsa Agrupación Alimentaria achegará 240.000 euros para o patrocinio da Volta ao Mundo a Vela.
INTERVENCIÓN DO PRESIDENTE DA XUNTA NO ACTO DE SINATURA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A XUNTA DE GALICIA E VEGONSA CON MOTIVO DA VOLTA AO MUNDO A VELA
- “A Volta ao Mundo a Vela (...) proporcionaralle a Galicia, por primeira vez, a oportunidade de escribir unha páxina da historia da náutica mundial e, sobre todo, de fixar un punto de partida para o noso sector náutico, vital para a economía e o deporte galego”.
- “A Volta ao Mundo a Vela será moito máis ca unha oportunidade para o noso deporte: tamén abrirá un amplo abano de posibilidades para o ámbito turístico, a náutica en xeral e un revulsivo para a economía galega. Por iso, o apoio de Vegonsa, grupo punteiro no sector da distribución alimentaria, permitiranos camiñar a sabendas de que contamos co respaldo dunha entidade que ten por valores a calidade, o compromiso e o bo servizo á cidadanía”.
CONVENIO DE COLABORACIÓN:
Antecedentes: A Xunta está a traballar nun proxecto para atraer a atención nacional e internacional sobre Galicia, como motivo da designación desta comunidade como punto de partida da Volta ao Mundo a Vela, proxecto no que Vegonsa Agrupación Alimentaria pretende colaborar.
Obxectivos: Ao abeiro do convenio asinado hoxe, Vegonsa adquire a condición de patrocinadora de Galicia 2005, Volta ao Mundo a Vela e comprométese á difusión e promoción deste acontecemento deportivo a través dos diferentes medios e soportes que o grupo emprega para as súas campañas publicitarias e promocionais. O valor desta colaboración ascende a 3 millóns de euros. Así mesmo, Vegonsa Agrupación Alimentaria achegará 240.000 euros para o patrocinio da Volta ao Mundo a Vela.
Asinantes: Manuel Fraga, presidente da Xunta de Galicia, e Joaquín González Iglesias, director xeral do grupo empresarial Vegonsa Agrupación Alimentaria S.A.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia