A empresa de servizos lingüísticos Reverso preséntase ao público
Reverso Servizos Lingüísticos, empresa especializada na lingua galega creada no ano 2002, presentouse publicamente na mañá do martes 28 cunha conferencia de prensa desenvolvida no seu local en Santiago.
Esta empresa está conformada por catro áreas que abarcan un espectro amplo de actuación no ámbito da xestión lingüística: asesoramento (tradución e corrección), dinamización, formación e xestión de axudas. Os interesados en coñeceren a actividade da empresa poderanse achegar ata o venres 31 polo seu local, en horario de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas.
A empresa Reverso SL ofrece servizos integrais en asesoramento que van desde a tradución á xestión editorial. O cliente tamén pode dispor de formación perfilada segundo as súas necesidades, desde cursos para oposicións á función pública ata outros máis específicos, centrados por exemplo na corrección lingüística ou na súa relación coas novas tecnoloxías. Así mesmo, desenvolve o seu labor no ámbito da dinamización da lingua con obradoiros dirixidos a sectores estratéxicos e xestiona as axudas públicas por uso do galego para empresas e institucións.
Antón Lado, director de Reverso, salientou o carácter innovador desta iniciativa a primeira empresa que traballa en lingua galega ofrecendo servizos lingüísticos integrais e adaptados ás necesidades do cliente. Innovador tamén polo feito de sermos unha empresa creada por mozos e mozas licenciados en filoloxía non hai moitos anos e por intentar con este proxecto crear unha saída laboral alternativa ás máis comúns no ámbito das humanidades, como é o caso da docencia. Co seu traballo, os membros de Reverso pretenden non só contribuír a unha mellora da calidade lingüística do galego senón tamén intervir no proceso de normalización da lingua desde unha óptica nova debedora do campo da dinamización social, do aproveitamento das novas tecnoloxías da información e da comunicación e da mercadotecnia.

Reverso, S.L.