Méndez Romeu anuncia que se modificará a Lei de Xogo de Galicia en consenso co sector
José Luis Méndez Romeu presidiu a Comisión de Xogo de Galicia, na que participan representantes da Administración Autonómica e do sector para analizar a situación actual do mesmo. No decurso da xuntanza acordouse modificar por consenso a Lei de xogo de Galicia para adaptala ás novas situacións. Buscarase así o consenso cos diferentes representantes do sector (casinos, bingos e máquinas) no marco dunha negociación que se iniciará de xeito inminente.
Doutra banda, no decurso da Comisión do Xogo informouse favorablemente o texto do decreto polo que se establece o plan de máquinas de xogo tipo B na Comunidade Autónoma de Galicia, que será analizado proximamente polo Consello da Xunta para a súa aprobación. O obxecto deste regulamento é a planificación das máquinas no ámbito territorial de Galicia.
Neste texto establécese que durante os tres anos seguintes á entrada en vigor do decreto as autorizacións de explotación de máquinas recreativas de tipo B que outorga a Comunidade Autónoma quedarán limitadas a 13.756 (o número total rexistrado na actualidade), salvo que se trate da modificación dunha xa existente. Transcorrido o prazo de tres anos, se as condicións de mercado ou motivos socioeconómicos así o aconsellan, poderá delimitarse o número de autorizacións de explotación de máquinas recreativas de tipo B mediante unha Orde, unha vez oída a Comisión de Xogo de Galicia.
No decreto considéranse máquinas tipo B aquelas que a cambio dun prezo lle permiten ao usuario un tempo de recreo e, eventualmente, un premio en diñeiro; así como as máquinas expendedoras que incorporan algún elemento de xogo, envite ou azar e non corresponde o importe solicitado para a obtención do producto ofertado co seu valor de mercado.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia