Touriño ofrece aos empresarios diálogo permanente, transparencia e búsqueda de espazos para que a iniciativa privada protagonice a creación de emprego
O titular da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, ofreceu aos presidentes das asociacións de empresarios “diálogo permanente”, “transparencia” na actuación da administración e “vontade de atopar espazos” para que a iniciativa privada “participe e sexa protagonista” na creación de actividade e emprego. Ademais, salientou a necesidade de converter a comunidade autónoma nunha plataforma de innovación coa que mellorar a posición competitiva de Galicia nos mercados internacionais, para o que incidiu na esixencia de axilizar a construción das infraestruturas pendentes, en especial o tren de alta velocidade.
O máximo mandatario galego mantivo no seu despacho en San Caetano unha audiencia cos dirixentes da Confederación Española de Organizacións Empresariais (CEOE), José María Cuevas, e da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Antonio Fontenla, reunión na que lles expuxo as prioridades dos orzamentos de Galicia para 2006 e do Goberno galego en materia económica e na que analizaron a situación e perspectivas tanto da economía galega como española. A reunión, desenvolvida nun “clima de entendemento, cooperación e colaboración”, completouse seguidamente cunha comida co presidente e o consello asesor da CEOE.
Primeira entrevista
Nesta primeira entrevista de Emilio Pérez Touriño e José María Cuevas, o presidente galego abordou co dirixente empresarial o “estratéxico” proceso de diálogo social iniciado en Galicia. “Un diálogo social estable sustentado sobre bases certas de confianza mutua nos obxectivos que se comparten de creación de emprego, de benestar, de riqueza de progreso, do bo funcionamento das institucións e dos mercados de traballo é un valor de grande contido estratéxico para todos”, abundou Touriño, quen explicou que deste xeito o seu Goberno busca crear con “carácter estable e permanente” un foro que garanta a estabilidade dese diálogo e abrir as mesas que permitan chegar a un “acordo nacional en materia de emprego”.
“Agradezo este clima cooperación, colaboración, implicación e corresponsabilidade na marcha da nosa economía e das nosas empresas e na marcha dos obxectivos que compartimos e quero ofrecerlles aos presidentes (Cuevas e Fontenla) a vontade de diálogo permanente, de transparencia na actuación da administración e a vontade de atopar espazos cada vez maiores para que a iniciativa privada participe, sexa protagonista na creación de actividade e emprego”, sinalou.
Segundo indicou o presidente galego, é fundamental para a nosa comunidade o espazo emprendedor, a capacidade de asumir risco e innovación e de xerar empresa e tecido empresarial. “Niso o papel da CEOE e da CEG é extraordinariamente relevante”, agregou Touriño.
O mandatario galego sinalou a súa coincidencia cos presidentes empresariais na necesidade de que Galicia “aposte con claridade” por converterse nunha plataforma de innovación coa que mellorar a posición competitiva de Galicia. “Vivimos nunha economía globalizada, necesitamos máis presenza internacional para captar recursos, para posicionar os nosos produtos, mellorar as exportacións e a posición competitiva. Estamos na boa dirección, pero temos que incentivar o traballo para competir máis e mellor”, aseverou Emilio Pérez Touriño.
Conexións ferroviarias
Os dirixentes empresariais tamén coincidiron co presidente na necesidade de acelerar os proxectos de infraestruturas pendentes na comunidade, en especial o tren de alta velocidade, de xeito que sexan realidade as conexións da comunidade co resto de España e con Portugal. “Coincidimos en que o tren é unha infraestrutura determinante para a mobilidade e a ganancia de competitividade e temos disposición para apoiar e traballar na dirección de que o AVE sexa realidade canto antes, en particular a conexión con Madrid e o resto de España, necesitamos culminar canto antes a conexión de Galicia con Portugal, unha aspiración irrenunciable”, expresou Touriño.
Finalmente, incidiu o presidente galego en que a Xunta traballa na busca dos mecanismos que permitan acelerar a construción da autovía Pontevedra-Vigo, como alternativa de comunicación da “área metropolitana sur Porriño-Pontevedra-Vigo”.
José María Cuevas destacou a súa coincidencia co máximo mandatario galego en que é necesario mellorar a competitividade das empresas para crear “emprego, riqueza e benestar” e agradeceu a oferta de colaboración. Antonio Fontenla, pola súa banda, salientou os avances no proceso de concertación social iniciado en Galicia, así como “a facilidade de traballo” facilitada polo Goberno galego.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia