Traballo asina un convenio coa Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas en materia de seguridade e saúde laboral dos traballadores
O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, asinou un convenio de colaboración entre a Consellería e a Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas para o desenvolvemento de actividades de formación e sensibilización en materia de prevención de riscos laborais.
Segundo as palabras de Ricardo Varela, o convenio de colaboración asinado “pretende a análise e a revisión dos plans de prevención de cada empresa para determinar o alcance da actuación da brigada contra incendios en cada caso, xa que é evidente que un dos riscos que pode carrexar máis gravidade é o lume. Sobre todo nun polígono industrial no que hai preto de 215 empresas instaladas de moi diferentes sectores e con distinto grao de perigosidade, dende industrias químicas ou da confección ata da madeira ou das artes gráficas”.
Tal e como se recolle no texto do convenio asinado esta tarde, a finalidade deste protocolo é o establecemento dun sistema de colaboración entre a Consellería e a Asociación para a realización dun plan de sensibilización en materia de prevención de riscos laborais, destinado aos empresarios e aos traballadores en xeral, coa finalidade de integrar a prevención no traballo diario das empresas asociadas, así como incrementar a cualificación dos empresarios e dos traballadores no eido preventivo, especialmente preténdese promover e procurara a prevención de incendios en todas as empresas do polígono industrial de San Cibrao das Viñas.
A Consellería de Traballo, a través da Dirección Xeral de Relacións Laborais, levará a cabo o desenvolvemento das accións necesarias para mellorar as condicións de traballo en materia de prevención de riscos laborais, mediante accións de promoción, asistencia e cooperación técnica, información, divulgación, formación e investigación en materia preventiva.
Pola súa parte, a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao das Viñas levará a cabo toda clase de iniciativas que poidan redundar en beneficio os seus asociados, así como informar, asesorar e establecer en colaboración cos organismos oficiais pertinentes servizos de uso común e de seguridade e saúde laboral, a todas as empresas asociadas, así como cantos outros poidan axudar a mellorar as condicións das situadas no polígono industrial.
Nese senso, “prevense a realización de todo tipo de cartelería e folletos, onde se informará de xeito gráfico cales son as medidas preventivas que se deben tomar na empresa para evitar posibles incidentes” asegurou Ricardo Varela, para o cal o seu departamento, ademais de levar a supervisón e control das actuación previstas, “aportará a cantidade de 19.440 euros para que a asociación de empresarios de San Cibrao poda realizar as actividades de prevención de incendios” engadiu.
Na súa intervención, Varela salientou que ”a temporalidade na contratación é unha das razóns fundamentais que está detrás dos accidentes de traballo”, así en Galicia un de cada tres empregos é temporal. Segundo o conselleiro, “en Ourense a relación entre temporalidade e sinistralidade é evidente, xa que mentres 31 de cada mil traballadores estables sufriu un accidente, foron 87 de cada mil os temporais que tiveron unha baixa. Esta situación reflicte un cadro que require modificacións, nunha filosofía de sumar esforzos”.
Unha estratexia global na loita contra a sinistralidade
Segundo o titular de Traballo estase a traballar, dende o proceso de concertación social no que están implicados a Administración e os axentes sociais, na definición dunha estratexia e das liñas de actuación para reducir os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais.
Ricardo Varela apuntou que mentres non se define esa estratexia, o seu departamento tomará medidas concretas que incidan na sinistralidade actual, como é a creación dun organismo de participación institucional en materia de prevención de riscos no traballo, de composición paritaria adscrito á Consellería, así como Plans de Choque contra a sinistralidade laboral en empresas que superen o 50% de accidentabilidade en relación ao sector.
Por outro lado establecese a elaboración de plans de actuación inmediata, como o Plan Galego de Prevención de Riscos Laborais, o Plan de Actuación preferente en sectores de maior sinistralidade, unha campaña infantil de prevención de riscos laborais e a ofensiva “obxectivo cero” en accidentes de traballo.
Na súa intervención, Varela asegurou que se “manterá a colaboración co Ministerio Fiscal en materia de seguridade e saúde laboral para poñer en coñecemento os partes de accidentes graves, moi graves e mortais, informes de investigación dos accidentes, paralizacións con inspeccións de traballo, así como, información mensual da fiscalía das dilixencias iniciadas respecto dos accidentes, actas de infracción e paralizacións”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia