A Mesa felicita a Caixa Galicia por comezar o seu proceso de galeguización interna
Desde A Mesa pola Normalización Lingüística achegámoslle á dirección de Caixa Galicia os nosos parabéns por tomar esta decisión, a primeira que de xeito sistemático se leva a cabo no mundo da banca e do aforro de Galiza. Felicitamos a Caixa Galicia por ser sensíbeis á reiterada solicitude dos seus clientes que ao longo de moito tempo, e especialmente nos últimos meses, amosaron un grande interese para que o mundo da banca e do aforro se galeguizase.
O comezo da galeguización de Caixa Galicia é unha noticia moi importante para o idioma galego.Talvez a máis importante dos últimos tempos, e coincide coa campaña que está a desenvolver a Mesa desde o mes de outubro. A Mesa está a reunindo unha carteira de clientes de todos os bancos e caixas, dispostos a cambiar as súas contas para aquela entidade que cumpra unha serie de requisitos mínimos de galeguización.
A Mesa conta nestes momentos cunha bolsa de quince millóns de euros. Estamos ante unha campaña de longa duración, que extenderemos cando menos até a fin do presente ano. A Mesa negociará esta bolsa con aquela entidade que se comprometa a un uso sistemático do galego na súa actividade interna, inclusive a correspondencia, publicidade, e que decida tamén darlle preferencia á opción en galego nos mostradores das entidades.
Deica agora A Mesa entrevistouse con responsábeis das principais empresas financieiras presentes en Galiza. Hai un mes fixémolo co Presidente de Caixa Galicia que xa daquela nos amosou a decisión de pór en marcha o proceso que agora comezan e que nós saudamos xa daquela como moi positivo e amosámoslle a nosa alegría porque pode supor uncambio cualitativo na situación do noso idioma. Tamén nos entrevistamos con responsábeis de Caixanova, Banco Gallego, Banco Pastor, La Caixa e Banco Simeón.
A Mesa constata que na actualidade a entidade cun grao máis alto de galeguización é La Caixa, o cal non deixa de ser paradoxal.
Desde a dirección de A Mesa vemos con optimismo o período que vén, o proceso interesantísimo que se abre con esta decisión de Caixa Galicia e que temos a certeza de que vai ser moi axiña imitado por outras caixas de aforro e bancos.

A Mesa pola Normalización Lingüística