O PIB galego baixou no 2º trimestre por mor da covid-19 un 14,5% en taxa trimestral, catro puntos menos que a media española
![](http://www.galiciadigital.com/images/noticias/economia-calculadora.jpg)
Desde o punto de vista da demanda, no segundo trimestre do ano o gasto en consumo final diminuíu un 18,9% en comparación co mesmo trimestre de 2019, e a formación bruta de capital baixou un 24,7%. En canto á demanda externa, as exportacións de bens e servizos diminuíron un 19,9% e as importacións de bens e servizos caeron tamén un 23,4%.
Sectores
No que respecta á oferta, todos os sectores rexistraron taxas de variación negativas. O sector primario foi o menos afectado, cun descenso do 2%; pola contra, o sector servizos baixou un 16,5%, cun maior impacto nas actividades máis afectadas polo cese da actividade desde a segunda quincena de marzo, especialmente o comercio, transporte e hostalería
(-38,3%). Mentres, a industria descendeu un 19,7% e o sector da construción un 23,2%.
As Contas económicas trimestrais do IGE mostran que o emprego -medido en termos de postos de traballo equivalentes a tempo completo- diminuíu un 22,5% no 2º trimestre. As ramas de actividade nas que máis baixou foron as relacionadas co comercio, transporte e hostalería (-36,9%) e actividades artísticas, recreativas e outros servizos (-30,7%).
R.